Eventos
Eventos
Buscador
As redes sociais crecen cada día, e aos poucos van dando máis oportunidades para compartir contido realizado de diferentes formas, o contido audiovisual está en máxima tendencia, e fíxose un oco bastante importante en redes sociais. É a hora de comezar a xerar este tipo de contido, é interesante, dinámico e fácil de visualizar e compartir, moito máis viral que calquera outro contido. É unha alternativa perfecta para comezar a traballar de maneira activa e profesional os nosos perfís de redes sociais. VÍDEO MARKETING II – Animacións e gifs feitas con fotografía de produto. En ocasións temos fotografías de produto sinxelas e que mostran o produto sen máis, engadir algún efecto, gif, ou animación dálle ao noso contido un efecto diferente e poténciao, aprenderás a facer este tipo de animacións con ferramentas sinxelas. 1. Tipos de vídeos ou gifs a realizar. 2. Preparación de recursos gráficos (recorte de elementos, fotos e logo). 3. Animación e gifs con canva. 4. (Outras apps ou programas para gifs ou animacións). O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
30/06/2021 18:00
Google Analytics evolucionou. O modo no que Google recompila a información dos usuarios que acceden á nosa web e o modo no que nola mostra para a súa análise, cambiou para sempre. Esta evolución materialízase nunha nova ferramenta: Google Analytics 4. Este obradoiros realiza unha primeira aproximación a esta ferramenta, fundamental para calquera sitio web. Poñeranse de manifesto as diferenzas co actual Google Analytics (Universal), veremos como configurala e como comezar a sacarlle partido, de modo que nos axude na toma de decisións do noso negocio. Índice: 1. Google Analytics: Comparativa de versións 2. Crear propiedade de Google Analytics 4 3. Interface, informes e configuracións recomendadas 4. Comprende aos visitantes da túa web O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.