Eventos
Eventos
Buscador
27/02/2020 17:00
As novas tecnoloxías están a cambiar de forma moi rápida os métodos de produción tradicionais, un conxunto destas novas tecnoloxías é o que se coñece como Fabricación Dixital. Índice de contidos: FreeCad V: Extrusión axial Extrusión por traxectoria Interpolación de seccións, helices, roscas e extrusiones por torsión Thickness Exercicios Escaner 3D II: Nuve de puntos Principais usos e exemplos Escaneado práctico O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Tripadvisor converteuse en apenas 20 anos nunha das maiores plataformas de viaxes do mundo con innumerables artículos, opinións, fotografías e vídeos inspiradores. Neste portal online os viaxeiros poeden ter información de valor para planificar mellor as súas viaxes e atopar fácilmente o seu voo, hotel, experiencia ou restaurante, comparar prezos e facer reservas. Coa súa última actualización Tripadvisor volveuse unha ferramenta máis personalizada e social coa que poder colaborar con outros, crear listas e seguir a familiares e amigos. Os viaxieros comparten e acceden a centos de millóns de opinións e contido relacionado con viaxes e as valoracións e a reputación das empresas turísticas son un elemento estratéxico que repercute no volume de vendas. Contidos: ¿Qué é TripAdvisor? ¿Para qué serve? ¿Cómo funciona o seu ranking? ¿Cómo dar de alta a túa empresa? Boas prácticas para incrementar as reseñas O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
27/02/2020 18:00
Durante esta xornada comprenderemos as posibilidades que ofrece WordPress, aprenderanse os pasos para crear un sitio web con este CMS e profundarase no deseño, desenvolvemento e xestión da páxina para conseguir un sitio web profesional e optimizado. Índice de contidos: 1- Instalación de WordPress 2- Configuración básica 3- Manexo dos temas 4- Engadir entradas ao blogue 5- Engadir páxinas 6- Xestión de plugins e widgets 7- Xestionar comentarios 8- Actualizacións 9- Formularios 10- Copias de seguridade Nivel: intermedio O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.