Eventos
Eventos
Buscador
22/05/2025 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Traballar o SEO é a mellor forma de que os usuarios de Google poidan atoparche por medio das procuras que realizan. Neste primeiro taller achegarémonos aos conceptos básicos que o compoñen e veremos o proceso de transformación dun sitio web para mellorar o posicionamento nos principais buscadores, aumentando así o tráfico de usuarios ou clientes. Índice de contidos 1. Introdución e Conceptos Básicos SEO. 2. Que son e para que serven as palabras crave? Deseña a túa estratexia. 3. Factores SEO técnico na páxina web: diagnóstico, ferramentas e optimización O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.
22/05/2025 17:00
A través da OAPR Cambados organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme. Obradoiro presencial no Centro ExpoSalnés (Paseo da calzada s/n; 36630 - Cambados). Obradoiro dirixido a pemes e autónomos onde verá un curso básico de conceptos web, centrado na importancia dunha páxina profesional e as súas vantaxes como empresa, ademais do seu correcto posicionamento en internet mediante técnicas libres. Índice de contidos: 1. Introdución conceptos básicos 2. Que é SEO / Técnicas de SEO 3. Posicionamento interno 4. Posicionamento externo 5. Penalidade do buscador 6. Ferramentas de SEO 7. Obradoiro de SEO O obraodoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.
23/05/2025 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Neste obradoiro, discutiremos como construír e fortalecer unha marca persoal sólida no ámbito dixital, especialmente a través de redes profesionais. O obxectivo é axudarche a posicionarte estratexicamente no mercado laboral, proxectando unha imaxe coherente, auténtica e aliñada cos teus obxectivos profesionais. Índice de contidos: 1. O poder da palabra 2. Importancia da rede 3. Recomendacións e suxestións para o CV. 4. Establecer unha estratexia de reputación dixital. 5. Coñecer o uso e manexo das redes profesionais. 6. Linkedin, Instagram e Facebook. O obradoiro será impartido por Sabela Álvarez, asesora de emprendemento, licenciada en comunicación e formadora acreditada; con máis de 10 anos de experiencia en empregabilidade, emprego e emprendemento.
26/05/2025 11:00
A través da OAPR Cambados organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme. Obradoiro telemático a través de Zoom. Nesta sesión, exploraremos como a IA está a revolucionar a forma en que as empresas interactúan cos seus clientes e toman decisións estratéxicas no campo do márketing. Descubriremos como a IA pode impulsar a personalización, a segmentación e a automatización nas campañas de mercadotecnia, permitindo ás empresas alcanzar novos niveis de eficiencia e eficacia. Prepárate para mergullarte nun mundo de algoritmos intelixentes, aprendizaxe automática e análise de datos avanzada. Non importa se es un comerciante ou só tes curiosidade por saber como a IA está a cambiar o xogo. Índice de contidos: 1. Introdución 2. Que é a IA e as súas orixes? 3. O impacto da IA no marketing 4. Aplicacións da IA en mercadotecnia 5. Ferramentas de IA dirixidas ao mundo do márketing O obraodoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.
27/05/2025 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Paras a pensar no tempo que perdes en poder axustar e axenciar as citas dos teus clientes no teu negocio? A produtividade, ademais de aplicarse nas nosas tarefas máis sólidas, tamén aplica a estos tempos de organización do noso día a día, por iso, este obradoiro vaiche axudar a poder organizar o teu tempo e ter máis produtividade diaria. Coñeceremos a utilizar ferramentas online que nos axuden a automatizar estos procesos de calendarización de citas. 1. Vantaxes de usar Apps de automatización de citas 2. Tipos de Apps 3. Apps online para axenciar citas O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
27/05/2025 17:00
A través da OAPR Cambados organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme. Obradoiro presencial no Centro ExpoSalnés (Paseo da calzada s/n; 36630 - Cambados). A fotografía de produto é o escaparate do noso local no mundo on- line, por iso debemos ser coidadosos á hora de realizar as nosas fotografías, coidar os detalles a luz e a composición son os factores máis importantes da nosa fotografía. Da calidade da nosa imaxe dependerá a capacidade de aceptación ou desexo de consumir os nosos produtos ou servizos. Neste taller repasaremos as claves e os elementos que debemos utilizar para realizar unha boa fotografía de produto. Índice de contidos: 1. Que é a fotografía de produto? 2. Claves para conseguir a fotografía perfecta. 3. Ferramentas e materiais para fotografía 4. Práctica de edición con programa on- line O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
28/05/2025 12:00
Obradoiro online a través de Zoom. Descubre como a intelixencia artificial está revolucionando o deseño da impresión 3D. Exploraremos ferramentas e técnicas que usan algoritmos intelixentes para optimizar deseños, xerar formas complexas e personalizar obxectos de xeito innovador. Aumenta a túa creatividade en 3D coa IA! Índice de contidos: 1. Fundamentos da Intelixencia Artificial (IA) 2. Impresión 3D: conceptos básicos 3. Aplicacións de IA no deseño 3D 4. Ferramentas e plataformas impulsadas pola intelixencia artificial para o deseño 3D O obradoiro será impartido por Manuel Tornos, asesor do CPED (Centro de Educación e Formación) de Barro-Meis con máis de 30 anos de experiencia en TIC e experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. Administrador de redes e sistemas.
29/05/2025 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Neste obradoiro veremos como as novas ferramentas de Intelixencia Artificial poden resultar moi útiles á hora de preparar a nosa estratexia de posicionamento en buscadores. Índice de contidos: 1. Introdución: como me pode axudar a IA a facer SEO? 2. Busca de palabras clave 3. Creación e optimización de contidos 4. Metaetiquetas e SEO técnico 5. Ferramentas de intelixencia artificial para SEO 6. Conclusións: mitos e boas prácticas sobre a IA e o SEO O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.
30/05/2025 10:00
A través da OAPR Ponteareas organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme. Este obradoiro será presencial en Ponteareas (Plaza Mayor, 13; 36860 - Ponteareas). Neste obradoiro afondaremos nos principios básicos da metodoloxía Lean Startup, un enfoque práctico e dinámico para crear e xestionar novos proxectos emprendedores. Aínda que o nome poida parecer complexo, veremos que os seus fundamentos son sinxelos e aplicables a calquera idea de negocio. Este obradoiro está pensado como un primeiro asesoramento emprendedor, cun enfoque participativo e accesible. Índice de contidos: 1. Activa o "chip emprendedor" 2. Diferencia entre: saber o que vendes e identificar por que a xente está a mercar o teu produto. 3. Vendas e comunicación: claves do emprendemento. 4. Identificación de ferramentas Lean. O obradoiro será impartido por Sabela Álvarez, asesora de emprendemento, licenciada en comunicación e formadora acreditada; con máis de 10 anos de experiencia en empregabilidade, emprego e emprendemento.
¿Esqueciches o contrasinal?
Calendario eventos
« | Maio 2025 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Presenza en Internet e técnicas SEO22 de maio de 2025 17:00Máis información
- Marca persoal e reputación dixital23 de maio de 2025 12:00Máis información
- IA como ferramenta de márketing26 de maio de 2025 11:00Máis información
- Apps para axendar citas no teu negocio27 de maio de 2025 12:00Máis información
- Fotografía de produto para o teu E-commerce y Redes Sociales27 de maio de 2025 17:00Máis información
- Intelixencia Artificial e deseño para impresión 3D28 de maio de 2025 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento