Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom

Neste taller tratarase os seguintes contidos: 

1. Vocabulario de Pinterest

2. Por que debería usar Pinterest para a miña campaña de márketing turístico?

3. Consellos para sacarlle o máximo partido

4. Exemplos de contas orixinais

O taller será impartido por Mariana Rosa, Técnica superior en Axencia de viaxes e xestión de eventos e Graduada en Turismo, que conta cunha gran experiencia no ámbito da comunicación turística e os seus beneficios para este sector.

Inscricións a través da seguinte ligazón:
Obradoiro telemático a través de Zoom

Sabes cal é a base dunha estratexia de márketing polo correo electrónico? Construir unha base de datos que funcione. Neste taller coñeceremos como aumentar os nosos contactos a través dos chamados “lead magnet”, regalos ou incentivos fundamentais para o crecemento óptimo de calquera negocio. Tamén afondaremos en como deseñalos e como incluir un formulario de subscrición na nosa web para facer medrar as nosas listas.

1. Que son os lead magnet?
2. Como crear un formulario de subscrición?
3. Como deseñar un lead magnet
.

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.

Inscricións a través da seguinte ligazón:
Obradoiro telemático a través de Zoom

Onshape é un software de debuxo 3D na nube, ten unha interface sinxela e intuitiva que facilita a súa aprendizaxe, funciona nun navegador web e ten unha versión gratuíta. O obxectivo deste itinerario formativo é permitir ao usuario usar o software facendo diferentes debuxos que realizaremos paso a paso. O itinerario consta de 10 sesións dunha hora cada unha e divídese en tres seccións, PartStudio, Assembly e un proxecto de desenvolvemento completo.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Woocommerce é unha ferramenta moi sinxela e intuitiva que permite poder montar unha tenda online cunha catálogo non moi amplo. É un plugin de WordPress de código aberto e gratuíto que che permitirá realizar e ter a túa tenda online. Neste taller ensinámosche a instalalo, ver todas as súas características, pasarelas e formas de pago, así como incluír produtos e xestionar pedidos.

Índice de contidos:
- Elementos a ter en conta.
- Instalación de Woocommerce e consideracións importantes.
- Configuración de Woocommerce.
- Produtos Simples.
- Produtos Agrupados.
- Produtos Externos/Afiliados.
- Produtos Variables.
- Plugins (seguridade, pedidos, campos…)

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

O taller será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing en liña.
Obradoiro telemático a través de Zoom

Sesión orientada a empresas do sector comercio da provincia de Pontevedra no que empresas tecnolóxicas ofrecerán os seus servizos orientados a dar solucións ao tecido comercial pontevedrés, por exemplo: ferramentas para e- commerce, xestión de stocks, redes sociais...
Obradoiro telemático a través de Zoom.

No mundo da fotografía, un retoque ou unha leve edición sempre nos axuda a sacar partido ás nosas imaxes. A aplicación para  PC de  polarr dános moitas posibilidades á hora de rescatar as cores e as iluminacións máis ocultas nas imaxes que realizamos.
Ten a opción de agregar efectos,  filtros modificar colorido, a idea principal desta aplicación de  PC é mellorar a fotografía e realizar edicións sutís, ou non tan sutís.
Veremos as ferramentas ao completo, as gratuítas e as da opción prol, para comparar que posibilidades ten o programa.

*Taller práctico sen presentación posterior.

O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.