Eventos
Eventos
Buscador
01/07/2025 12:00
Obradoiro online a través de Zoom. Domina os slicers coa configuración avanzada para levar as túas impresións 3D ao seguinte nivel. Aprende como fusionar e dividir pezas, facilitando a impresión de modelos complexos, aplica modificadores por zonas para axustar parámetros e mellorar a eficiencia e calidade final da túa impresión. Índice de contidos: 1. Perfís personalizados de impresión e material 2. Fusión e división de modelos 3. Modificadores por zonas e axustes locais 4. Optimización do tempo de impresión 5. Corrección de erros nos modelos 3D 6. Trucos e funcións avanzadas dos slicers O obradoiro será impartido por Manuel Tornos, asesor do CPED (Centro de Educación e Formación) de Barro-Meis con máis de 30 anos de experiencia en TIC e experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. Administrador de redes e sistemas.
02/07/2025 11:00
A través da OAPR Cambados organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme+ Obradoiro telemático a través de Zoom. Woocommerce é unha ferramenta moi sinxela e intuitiva que permite poder montar unha tenda online cunha catálogo non moi amplo. É un plugin de WordPress de código aberto e gratuíto que che permitirá realizar e ter a túa tenda online. Neste taller ensinámosche a instalalo, ver todas as súas características, pasarelas e formas de pago, así como incluír produtos e xestionar pedidos. Índice de contidos: 1. Elementos a ter en conta. 2. Instalación de Woocommerce e consideracións importantes. 3. Configuración de Woocommerce. 4. Produtos Simples. 5. Produtos Agrupados. 6. Produtos Externos/Afiliados. 7. Produtos Variables. 8. Plugins (seguridade, pedidos, campos…) O obradoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.
03/07/2025 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. En numerosas ocasións os emprendedores e empresas consolidadas lánzanse a realizar accións de márketing online, sen ter un plan de márketing dixital previo: publicar calquera contido e en calquera momento en redes sociais, crear un artigo no blogue sen realizar un estudo previo da temática, facer publicidade sen un obxectivo claro… A consecuencia: o fracaso das súas campañas dixitais. Un Plan de Márketing Dixital é esencial para que unha empresa teña éxito na contorna online. Neste taller entenderemos que é un plan de márketing dixital, para que serve e como crear o noso paso a paso cun exemplo real. Índice de contidos: 1. Que é un Plan de Márketing Dixital 2. Por que o necesito? Beneficios 3. Pasos para crear o teu Plan de Márketing Dixital O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.
07/07/2025 11:00
A través da OAPR Ponteareas organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme. Obradoiro telemático a través de Zoom. Elementor é un construtor gratuito de páxina de WordPress. Isto quere dicir que che permite crear sitios web de WordPress profesionais da forma máis doada e rápida posible, sen tocar código e sen saber de programación. Neste obradoiro aprenderemos a instalalo, configuralo e traballar con el para crear a nosa páxina web ou tenda dende 0. Índice de contidos 1. Primeiros pasos 2. Instalación de WordPress e Elementor 3. Como deseñar con Elementor 4. Conclusións O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
08/07/2025 11:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Este obradoiro está dirixido a calquera persoa que teña un sitio web que os usuarios visitan, pero as solicitudes de orzamentos, as chamadas e as vendas non chegan ou son menos do esperado. O noso sitio web ou tenda en liña é unha ferramenta para acadar unha serie de obxectivos como profesional ou empresa. Se non os estamos a conseguir, é necesario saber por que e como resolvelos. Aquí é onde entra en xogo a CRO (Optimización da Taxa de Conversión). Neste obradoiro, analizaremos este concepto, identificaremos por que os usuarios non están a converter no noso sitio web e aprenderemos técnicas básicas, pero infalibles, para transformar os visitantes en clientes. Índice de contidos: 1. Optimización da Taxa de Conversión dun sitio web 2. Recomendacións de CRO 3. Ferramentas de CRO O taller será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
10/07/2025 12:00
A través da OAPR de Cambados estase a organizar o seguinte obradoiro para SmartPeme. Obradoiro presencial no Centro ExpoSalnés (Paseo da Calzada s/n; 36630 - Cambados) O Kit Dixital é unha iniciativa do Goberno español dirixida a pemes e autónomos co obxectivo de impulsar a súa transformación dixital a través de axudas financeiras. Neste obradoiro, guiarémosche por todo o proceso para acceder a estas axudas e aproveitar ao máximo os seus beneficios. Índice de contidos: 1. Que é o Kit Dixital? 2. Que condicións se deben cumprir para solicitar? 3. Representante voluntario 4. Servizos incluídos no Kit Dixital 5. Proceso de solicitude 6. Condicións administrativas e fiscais 7. Proceso de inicio do proxecto 8. Desenvolvemento do servizo 9. Xustificacións do servizo 10. Xustificación da finalización do Kit Dixital 11. Que ocorre cando remata o programa? 12. Preguntas e dúbidas O obradoiro será impartido por Ángel Chantre, emprendedor e profesional do márketing dixital con máis de 16 anos de experiencia. Tamén actúa como axente dixital autorizado dentro do programa Kit Dixital, axudando a autónomos e pemes a acceder a subvencións para transformar dixitalmente os seus negocios.
14/07/2025 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom Aprender as claves sobre copywriting para crear mensaxes estratéxicas que capturen a atención da túa audiencia en web e redes sociais, a través da exploración de técnicas de redacción que axudarán a comunicar o valor da túa marca. Índice de contidos: 1. Que é o Copywriting? 2. Tipos de Copywriting 3. Como escribir un bo copy 4. Como usar o copywriting no meu web 5. Como usar o copywriting nas miñas redes sociais O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, cunha ampla experiencia en márketing dixital e ecommerce.
15/07/2025 10:00
A través da OAPR Ponteareas organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme. Este obradoiro será presencial en Ponteareas (Plaza Mayor, 13; 36860 - Ponteareas). Neste obradoiro práctico exploraremos como utilizar Canva para construír e organizar a identidade visual da túa marca dun xeito profesional e accesible e poder utilizala no material visual do teu negocio. Índice de contidos: 1. Presentación de Canva 2. Crea o teu mini manual de marca 3. Kit de marca e carpetas de recursos 4. Dossier ou presentación da túa marca 5. Plantillas para o teu negocio 6. Vídeos co estilo da túa marca O obradoiro será impartido por Lara Taboada, licenciada en Deseño Gráfico e Estudos Artísticos, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
16/07/2025 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom O obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer a ferramenta de Google, enfocada a negocios locais que busquen unha maior visibilidade. Perfil de empresa de Google está pensado para facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios, das posibilidades da Xeolocalización e as procuras que a súa potencial clientela poidan facer, empregando o buscador de Google. Índice de contidos: 1. Introdución ao perfil de empresa de Google 2. Creación e configuración do perfil 3. Xestión e actualización da información 4. Interacción co cliente e xestión de reseñas 5. Análise e optimización para unha maior visibilidade 6. Conclusión e próximos pasos O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.
17/07/2025 10:00
A través da OAPR de Cambados estase a organizar o seguinte obradoiro para SmartPeme+ Este obradoiro será presencial no Centro ExpoSalnés (Paseo da calzada s/n; 36630 - Cambados) Neste obradoiro, analizaremos os custos fixos e variables que unha propiedade debe ter en conta para calcular o seu punto de equilibrio. Exploraremos fórmulas que nos permitirán calcular a rendibilidade utilizando cifras da base de datos, facturas e reservas. Poderás levar para casa un modelo para crear os teus propios cálculos e aplicalos á túa propiedade. Índice de contidos: 1. Introdución á análise económica nos aloxamentos 2. Identificación de custos fixos e variables 3. Como calcular o punto de equilibrio 4. Fórmulas básicas para medir a rendibilidade 5. Uso de datos reais: reservas, facturas e bases de datos 6. Modelo práctico para usar na túa propiedade O obradoiro será impartido por Patricia Cabaleiro, licenciada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico. Xestionar aloxamentos, crear paquetes, produtos e presenza de marca nas redes sociais. Apaixonado pola fotografía e o marketing dixital.
Rexistro
Calendario eventos
« | Xullo 2025 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
- Woocommerce: A solución que buscabas para vender por Internet02 de xullo de 2025 11:00Máis información
- O teu plan de márketing dixital paso a paso03 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Crea a túa páxina web con Elementor07 de xullo de 2025 11:00Máis información
- CRO: consegue que tu web venda (máis)08 de xullo de 2025 11:00Máis información
- Kit Dixital: como sacarlle o máximo proveito10 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Copywriting para web e redes sociais14 de xullo de 2025 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento