Eventos
Eventos
Buscador
09/01/2023 10:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Iniciamos unha nova serie de obradiros de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos de ter en conta, o formato é de 30 min máximo e unha frecuencia semanal para favorecer unha aprendizaxe fácil e progresiva. "Ciberseguridade, Ransomware e suplantación de identidade", o obxectivo deste taller é dar a coñecer o Ransomware, en que consiste, como afecta. A suplantación de identidade é un tipo de ciberataque que esta crecendo en en popularidade e adopta multiples formas e aprovéitase das distintas circunstancias que se producen en cada territorio. Índice de contido - Que é o Ransomware. - Que é a suplantación de identidade. - Como protexernos O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
10/01/2023 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. No mercado actual, ante o incremento da competencia a nivel global, debemos contar con negocios “cliente-céntricos”, é dicir, poñer ao cliente no centro da nosa estratexia. A xestión da relación cos clientes (Customer Relationship Management ou CRM) ofrece múltiples beneficios ás organizacións, permitíndolles xestionar o seu compromiso continuo e a interacción con clientes, clientes potenciais e socios estratéxicos. Os software CRM permiten realizar un seguimento exhaustivo e automatizar procesos, de forma que podamos achegar unha experiencia personalizada a cada un dos nosos clientes potenciais e clientes. Neste obradoiro aprenderemos como implementar o concepto CRM na nosa filosofía de traballo e como os software CRM axúdannos nesta tarefa. Índice: 1. Marketing relacional 2. O concepto CRM 3. Que é e como elixir un software CRM 4. Exemplos de software CRM O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
11/01/2023 11:00
Obradoiro telemático a través de Zoom Coa irrupción do COVID 19 no ano 2020, moitas empresas, persoas traballadoras e autónomos víronse afectadas a desempeñar o seu traballo dende as súas casas. Con esta situación en remoto, as persoas profesionais tiveron que empregar ferramentas e técnicas de produtividade e rendemento no traballo que ata o de agora eran descoñecidas para elas. Neste obradoiro, aprenderás técnicas de produtividade e tamén cómo xestionar ferramentas que permitan transformar o traballo: Trello e outras apps de almacenamento, calendarización ou colaboración de tareas. En mellora a túa produtividade con Trello e outras aplicacións I tratarase: 1) Teletraballo e produtividade 2) Trello O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
Obradoiro presencial no Salón de Plenos do Concello de Moaña. Aprende como crear e traballar a túa base de clientes con Excel para segmentar a túa clientela e establecer estratexias e medidas para tentar fidelizar aos seus clientes e que repitan para o próximo ano. A través deste obradoiro presencial de 2 horas aprenderemos a exportar e recompilar todos os datos dos teus clientes nun Excel para logo poder traballar sobre datos e realizar campañas e ofertas con éxito. Ademais, veremos ideas para captar reservas directas sen pagar comisións. Índice de contido: 1. Que é a Fidelización no sector turístico? 2. Requisitos e condicións para fidelizar 3. Estratexias para fidelizar á túa clientela 4. Segmentación de clientes 5. Crear e Exportar os teus datos a Excel IMPORTANTE: asistir co teu computador persoal é conveniente para traballar sobre os datos do teu aloxamento. Necesitarás as claves das plataformas/programas que usas para alugar. O obradoiro será impartido por Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico. Xestionando aloxamentos, creando paquetes, produtos e presenza das marcas en redes sociais. Apaixonada da fotografía e o márketing dixital.
12/01/2023 11:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Iniciamos unha serie de catro obradoiros informativos sobre temas de máxima actualidade, todos teñen en común a tecnoloxía pola cal é posible que existan, a blockchain. No primeiro destes obradoiros veremos en que consiste a tecnoloxía blockchain e como grazas a ela estamos ante o que se chama o internet do valor; unha forma de transmitir valor a través da rede. No segundo obradoiro abordaremos o tema das criptomonedas, por que xorden e que podemos facer con elas, minado, trading, etc... No terceiro desta serie de obradoiros falaremos da identidade dixital, en concreto do proxecto de identidade dixital da unión europea e como afecta isto directamente á xestión dos nosos datos. Falaremos tamén dos NFT, tentaremos achegar algo de luz sobre este tema, que son e para que serven. Por último, no cuarto obradoiro abordaremos o tema do Metaverso, como intuímos que será, para que vai servir, estado actual de desenvolvemento e ademais visitaremos algún destes metaversos. Índice: 1 Conceptos básicos. 2 Rede centralizada e rede distribuída. 3 Que é a Blockchain? 4 Internet do valor. 5 Token dixital. 6 Smart Contract. 7 Exemplos de uso. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
16/01/2023 10:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Iniciamos unha nova serie de obradiros de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos de ter en conta, o formato é de 30 min máximo e unha frecuencia semanal para favorecer unha aprendizaxe fácil e progresiva. “Ciberseguridade, uso dunha VPN”, o obxectivo deste obradoiro é o de fomentar o uso das VPN, porque debemos usar unha VPN, de que forma protéxenos o uso de VPN. Índice de contido - Que é unha VPN e para que serve. - VPN gratuítas. - Configuración de Protón VPN. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
17/01/2023 17:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Neste obradoiro mostraranse os pasos para dar á hora de crear a nosa páxina web desde 0. Índice: - Marca e obxectivos - Dominio, CMS e Aloxamento - Deseño - Contidos - Posicionamento O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
18/01/2023 11:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Coa irrupción do COVID 19 no ano 2020, moitas empresas, persoas traballadoras e autónomos víronse afectadas a desempeñar o seu traballo dende as súas casas. Con esta situación en remoto, as persoas profesionais tiveron que empregar ferramentas e técnicas de produtividade e rendemento no traballo que ata o de agora eran descoñecidas para elas. Neste obradoiro, aprenderás técnicas de produtividade e tamén cómo xestionar ferramentas que permitan transformar o traballo: Trello e outras apps de almacenamento, calendarización ou colaboración de tarefas. En Mellora a túa produtividade con Trello e outras aplicacións II, tratarase sobre outras ferramentas de produtividade como: Evernote, Todoist, Toggl e Slack. O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa. Inscricións a través da seguinte ligazón:
18/01/2023 18:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. As redes sociais crecen cada día, e aos poucos van dando máis oportunidades para compartir contido realizado de diferentes formas, o contido audiovisual está en máxima tendencia, e fíxose un oco bastante importante en redes sociais. É a hora de comezar a xerar este tipo de contido, é interesante, dinámico e fácil de visualizar e compartir, moito máis viral que calquera outro contido. É unha alternativa perfecta para comezar a traballar de maneira activa e profesional os nosos perfís de redes sociais. VÍDEO MARKETING I – Contido audiovisual, a última tendencia. Introdución ao vídeo márketing e á importancia de implementalo nas nosas redes sociais, centrareime sobre todo en Instagram xa que é a rede social que máis tráfico xera na actualidade, e ten máis opcións de compartir o contido. 1. Que é o vídeo márketing? 2. O vídeo márketing na contorna dixital. 3. Tipos de vídeos a realizar. 4. Consellos para a creación e gravación. 5. Material de uso en gravación. O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
20/01/2023 11:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Iniciamos unha serie de catro obradoiros informativos sobre temas de máxima actualidade, todos teñen en común a tecnoloxía pola cal é posible que existan, a blockchain. No primeiro destes obradoiros veremos en que consiste a tecnoloxía blockchain e como grazas a ela estamos ante o que se chama o internet do valor; unha forma de transmitir valor a través da rede. No segundo obradoiro abordaremos o tema das criptomonedas, por que xorden e que podemos facer con elas, minado, trading, etc... No terceiro desta serie de obradoiros falaremos da identidade dixital, en concreto do proxecto de identidade dixital da unión europea e como afecta isto directamente á xestión dos nosos datos. Falaremos tamén dos NFT, tentaremos achegar algo de luz sobre este tema, que son e para que serven. Por último, no cuarto obradoiro abordaremos o tema do Metaverso, como intuímos que será, para que vai servir, estado actual de desenvolvemento e ademais visitaremos algún destes metaversos. Índice: 1 Que motiva a creación de criptomonedas. 2 Bitcoin. 3 Outras criptomonedas, Ether, rede Ethereum. 4 Minado de criptos, pool de minería. 5 Comprar e vender criptos, Coinbase, Binance. 6 Situación actual. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Rexistro
Calendario eventos
« | Xaneiro 2023 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 |
- Deseña facilmente imaxes impactantes e profesionais17 de outubro de 2024 17:00Máis información
- Optimiza a túa estratexia de email márketing con Benchmark Email28 de outubro de 2024 17:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento