Eventos
Eventos
Buscador
12/06/2023 10:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Iniciamos unha nova serie de obradoiros de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos de ter en conta, o formato é de 30 min máximo e unha frecuencia semanal para favorecer unha aprendizaxe fácil e progresiva. “Ciberseguridade, como facer un contrasinal segura”, o obxectivo deste obradiro é facer ver ao usuario a importancia de ter un contrasinal ben definido e distinta para cada servizo, veremos tamén a forma de construír un contrasinal seguro. Índice de contido - A importancia dos contrasinais. - Deseñar un contrasinal seguro. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
13/06/2023 11:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. No mes de maio iniciamos un novo itinerario de Fabricación Dixital cun formato mixto, haberá talleres en liña e practicas presenciais no Fab Lab do Centro Provincial de Economía Dixital no Viveiro de Empresas de Barro. O obxectivo é o de dar a coñecer e familiarizarse coas tecnoloxías implicadas nun proceso de fabricación dixital, non só a nivel teórico, senón que facemos especial fincapé en que o asistente teña un contacto real coa tecnoloxía e que poida experimentar con ela, que sexa capaz de deseñar unha peza en 3D e póidaa fabricar no Fab Lab en por si. O itinerario consta dun total de 50 h de formación. 30 horas de formación en liña onde se verán: Debuxo 3D con Onshape – 16 h Impresoras 3D de filamento, materiais - 8 h Impresoras 3D de resina, materiais – 4 h Escáner 3D – 2 h 20 horas de prácticas no Fab Lab Impresoras 3D filamento – 8 h Impresoras 3D resina – 8 h Escaneo 3D – 4 h Non é necesaria experiencia previa, o itinerario parte desde cero e dará comezo o día 2 de maio e finalizará o 11 de xullo cunha cadencia de dous talleres semanais os martes e os xoves. Aforo limitado. Prazas dispoñibles 14. Estará dispoñible un certificado de asistencia ao itinerario onde se reflicten as horas de formación recibida e o temario detallado impartido. Para a obtención do devandito certificado é necesario asistir ao 75 % da formación en liña e ao 100% da formación presencial. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
14/06/2023 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom O obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer a ferramenta de Google, enfocada a negocios locais que busquen unha maior visibilidade. Perfil de empresa de Google está pensado para facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios, das posibilidades da Xeolocalización e as procuras que a súa potencial clientela poidan facer, empregando o buscador de Google. O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.
19/06/2023 10:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Iniciamos unha nova serie de obradoiros de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos de ter en conta, o formato é de 30 min máximo e unha frecuencia semanal para favorecer unha aprendizaxe fácil e progresiva. “Ciberseguridade, Antivirus, actualización do software”, o obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer dous das contramedidas básicas que debemos tomar, a necesidade de ter todo o software actualizado para corrixir vulnerabilidades, a utilización e elección dun antivirus, cal e por que. Índice de contido - Actualización de software - Antivirus, cal e por que O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
20/06/2023 11:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. No mes de maio iniciamos un novo itinerario de Fabricación Dixital cun formato mixto, haberá talleres en liña e practicas presenciais no Fab Lab do Centro Provincial de Economía Dixital no Viveiro de Empresas de Barro. O obxectivo é o de dar a coñecer e familiarizarse coas tecnoloxías implicadas nun proceso de fabricación dixital, non só a nivel teórico, senón que facemos especial fincapé en que o asistente teña un contacto real coa tecnoloxía e que poida experimentar con ela, que sexa capaz de deseñar unha peza en 3D e póidaa fabricar no Fab Lab en por si. O itinerario consta dun total de 50 h de formación. 30 horas de formación en liña onde se verán: Debuxo 3D con Onshape – 16 h Impresoras 3D de filamento, materiais - 8 h Impresoras 3D de resina, materiais – 4 h Escáner 3D – 2 h 20 horas de prácticas no Fab Lab Impresoras 3D filamento – 8 h Impresoras 3D resina – 8 h Escaneo 3D – 4 h Non é necesaria experiencia previa, o itinerario parte desde cero e dará comezo o día 2 de maio e finalizará o 11 de xullo cunha cadencia de dous talleres semanais os martes e os xoves. Aforo limitado. Prazas dispoñibles 14. Estará dispoñible un certificado de asistencia ao itinerario onde se reflicten as horas de formación recibida e o temario detallado impartido. Para a obtención do devandito certificado é necesario asistir ao 75 % da formación en liña e ao 100% da formación presencial. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
20/06/2023 17:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Vendes en liña ou estás pensando en vender? Pois o packaging dos produtos será un elemento máis que fundamental na estratexia de venta en liña. Neste obradoiro, coñeceremos os fundamentos máis básicos do packaging, como por exemplo, os tipo de caixas que existen. Tamén anotaremos os pasos básicos para preparar un pedido e cales son as características que deberíamos ter en conta. Ningún packaging do ano 2021 podería ter lugar sen a súa sostibilidade, polo que prestaremos atención a cómo podemos facer unha estratexia máis sostible con noso planeta. Remataremos coñecemos elementos que podemos incorporar á nosa estratexia de envíos que farán que a experiencia de compra sexa máis agradable. ÍNDICE: 1. Aprendendo sobre packaging 2. Como enviar un paquete paso a paso 3. Packaging Sostible 4. Elementos Experienciais O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
21/06/2023 17:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. A xerarquía dentro dun deseño é o orden e a importancia de certos elementos fronte a outros, isto quere dicir que segundo o que queramos comunicar a través dun deseño temos certos métodos de facer ca nosa visión dirixase a onde queramos, creando un camiño visual a través do deseño que creamos. A xerarquía está presente en todo tipo de deseños, dende a papeñería de empresa,deseño de envases, tarxetas de visita, ata publicacións de redes sociais e estructuras de páxinas web. Neste obradoiro veremos que métodos podemos utilizar para xerar máis atención visual e analizaremos deseños para poder aplicalos despois aos nosos propios deseños. O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
22/06/2023 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Coñecidos os elementos dun Plan de empresa e posto en marcha o negocio os resultados non sempre son os esperados. Analizaranse as fases críticas do proxecto, as calidades do emprendedor -que se teñen que mellorar e actualizar- e algúns dos erros habituais así como accións para superalos. CONTIDO: - Presentación breve de SECOT - O emprendedor e as súas calidades - A actividade empresarial - Plan de Negocio: Inicio e fases críticas - Erros habituais - Proposta de valor e pmv - Limiar de rendibilidade Obradoiro impartido por Ramón Santorio, presidente do SECOT en Vigo e graduado en Enxeñería Industrial pola Universidade de Vigo.
22/06/2023 17:00
Obradoiro telemático a través de Zoom O obradoiro de finanzas para non financeiros proporcionará coñecementos financeiros básicos e fáciles de asimilar para perfís non financeiros, co fin de que os responsables dunha empresa poidan participar no proceso de toma de decisións executivas dunha maneira consciente e responsable. Na primeira parte falaremos do PGC, e mais concretamente do balance e a conta de resultados, e na segunda parte, centrarémonos no ámbito fiscal, dando un repaso aos principais impostos existentes na actualidade no noso país. Faremos exercicios prácticos co fin de poder visualizar mellor a teoría vista e finalizaremos con dez minutos de distensión a través dun “Kahoot”, onde se poñerá a proba a asimilación de coñecementos dos participantes. ÍNDICE: • As obrigacións contables e as contas anuais • Patrimonio da empresa • Balance de situación • Fiscalidade empresarial • Imposto de sociedades, IRPF, IVE e IAE O obradoiro será impartido por Paz Ares, Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Vigo na especialidade de economía pública, cun Máster en Formación do profesorado pola Universidade de Vigo, e experiencia profesional no sector financeiro e educativo.
27/06/2023 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. O obradoiro será impartido por Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico. Xestionando aloxamentos, creando paquetes, produtos e presenza das marcas en redes sociais. Apaixonada da fotografía e o márketing dixital.
Rexistro
Calendario eventos
« | Xuño 2023 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
- Ciberseguridade, como facer un contrasinal seguro12 de xuño de 2023 10:00Máis información
- FABRICACIÓN DIXITAL. Impresoras de resina13 de xuño de 2023 11:00Máis información
- Promociona o teu negocio co Perfil de empresa de Google14 de xuño de 2023 12:00Máis información
- Ciberseguridade, Antivirus e actualización do software19 de xuño de 2023 10:00Máis información
- FABRICACIÓN DIXITAL. Laminador resina preparación de impresións20 de xuño de 2023 11:00Máis información
- Packaging, todo o que necesitas saber para o teu e-commerce20 de xuño de 2023 17:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento