Evento
Ponteareas - Edición de fotografía para plataformas e-commerce
Data Inicio: | 15/06/2017 19:00 | ||
Data Fin: | 15/06/2017 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Ponteareas | ||
Tipo de Evento: | Taller | Temática: | Utilidades |
Tipo de Solución: | Producción de Contidos (Digital/3D) | ||
O obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer ferramentas de retoque como o editor de fotografía Pixlr, gratuíto, que non necesita descargarse e que é de manexo básico e fácil. Subministraranse fotos para converter o fondo a branco puro, borrar imperfeccións ou redimensionalas ao tamaño requirido por Amazon, entre outras ferramentas de edición Índice de contidos 1. Coñecer as recomendacións xerais para mellorar as fotos. 2. Requisitos de calidade estética e técnica das imaxes que esixen Amazon, Ebay, Googleshopping e Etsy. 3. Introducirnos no editor de fotografía Pixlr, para coñecer como: • Limpar manchas ou impurezas do produto • Suprimir ou borrar elementos da imaxe • Modificar contraste e brillo • Intensificar as cores • Seleccionar fondo • Branquear o fondo • Redimensionar a imaxe • Gardar O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse
Rexistro
Calendario eventos
« | Agosto 2025 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Optimiza a túa estratexia de marketing por correo electrónico con Benchmark Email12 de agosto de 2025 11:00Máis información
- Como utilizar Instagram para promover a túa empresa27 de agosto de 2025 11:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento