Eventos
Eventos
Buscador
27/08/2025 11:00
A través da OAPR Ponteareas organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme. Obradoiro telemático a través de Zoom. De uso sinxelo e con un gran publico potencial, permite aos profesionais e ás empresas conectar de forma rápida coa súa audiencia, creando unha imaxe de marca cercana formando unha comunidade activa arredor da mesma. Neste taller adestrarémonos en Instagram dende o enfoque profesional, coñecendo as funcionalidades que nos ofrece e recomendando a estratexia a seguir nela en función dos nosos obxectivos. Índice de contidos 1. Introdución a Instagram 2. Por que a miña empresa debería estar en Instagram? 3. O perfil de empresa en Instagram 4. Estratexia de contidos 5. Marcas nas que inspirarte O obradoiro será impartido por Guillermo Nass, TSU en Deseñador Gráfico Publicitario do Colexio Universitario Monseñor de Talavera, entusiasta da cor e do deseño con experiencia en web, Wordpress, posicionamento en redes sociais, márketing dixital, entre outros.