Vigo - Presentación do programa de aceleración de empresas

Data Inicio:  05/03/2015 19:00    
Data Fin:  05/03/2015 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Eventos TIC     
     
 
Obxectivo:
 O obxectivo da xornada é presentar o proxecto “Proponte”, posto en marcha pola Deputación de Pontevedra e a Fundación EOI, co obxectivo de facilitar a aceleración de empresas da provincia de Pontevedra por medio de servizos de consultoría e asesoramento.
 Con esta convocatoria búscase promover a participación no programa “Impulso innovador nas pemes de recente creación da provincia de Pontevedra”, destinado a autónomos e micropemes que establecesen o centro da súa actividade ou algún centro de traballo na provincia de Pontevedra.
 
Contidos:
 • Presentación do programa
 • Resolución de dúbidas e preguntas
 • Inscrición de interesados
 
Relator: Manuel Martínez Hesles, xerente de Indra Business Consulting.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse