Axudas e subvencións

Beneficiarios: 1. Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades con centro de traballo en Galicia comprendidas en algunha das seguintes categorías:

a) Microempresas (inclúe autónomos que cumpran a condición de microempresa) que desenvolvan a súa actividade en algún dos seguintes sectores:

i. Hostalería e turismo CNAES 55 (servizos de aloxamento), 56 (servizos de comidas e bebidas), 7711 (aluguer de automóbiles e vehículos a motor lixeiros), 7721 (aluguer de artigos de ocio e deportes), 79 (Actividades de axencias de viaxes, operadores turísticos, servizos de reservas e actividades relacionadas cos mesmos), 9004 (xestión de salas de espectáculos), 91 (Actividades de bibliotecas, arquivos, museos e outras actividades culturais), 93 (Actividades deportivas, recreativas e de entretemento).

ii. Comercio polo miúdo CNAE 45 (Venta e reparación de vehículos de motor e motocicletas) e 47 (Comercio polo miúdo, excepto de vehículos de motor e motocicletas).

iii. Transporte Rama H da CNAE (transporte e almacenamento).

iv. Perruquería e estética persoal, tintorerías, servizos de reparación e outros – CNAE 95 (reparación de ordenadores, efectos persoais e artigos de uso doméstico), 9601 (Lavado e limpeza de prendas téxtiles e de pel), 9602 (perruquería e outros tratamentos de beleza), 9603 (Pompas fúnebres e actividades relacionadas), 9604 (actividades de mantemento físico) e 9609 (outros servizos persoais).

v. Os seguintes epígrafes de formación: 8532 (Educación secundaria técnica y profesional) e 855 (Outra educación).

b) As seguintes entidades da economía social: sociedades cooperativas galegas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego. Deben cumprir a definición de Peme . Quedan excluídas deste epígrafe as entidades dedicadas os sectores da pesca e da acuicultura e as entidades dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas.

c) Entidades do tecido asociativo empresarial e laboral, como poden ser asociacións empresariais, clusters, colexios profesionais ou cámaras.
Entidade: IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica
Financiación: A contía da axuda será do 80% dos importes indicados no artigo 5, co límite máximo de 9.600 euros por empresa ou o importe máximo de minimis que poida recibir de acordo co que establece o Regulamento (UE) 1407/2013.
Plazo: O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
Estado: Finalizada
Web: http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP401

Descrición da axuda

Estas axudas teñen como obxecto subvencionar proxectos que promovan a adaptación dos beneficiarios elixibles á situación creada polo COVID-19 mediante a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais en calesqueira das seguintes categorías:

- Sistemas de control de presenza: cámaras, sensores, sistemas de “check-in” / “check-out”.
- Sistemas de control de aforo: cámaras, sensores, sistemas online sobre catálogo diario (xestión de citas), xestión de colas.
- Sistemas de control de estado sanitarios: cámaras específicas, pulseiras
- Sistemas de control de normas de calidade Covid-19.
- Sistemas e aplicacións de xestión baseados en “Low code automation”
- Sistemas de catálogos diarios efémeros; sistemas de xestión de pedidos efémeros, comandas
- Sistemas de cartelería electrónica para mensaxes a clientela e de emisión de contidos en xeral.
- Sistemas de notificación en móbil; sistemas de xestión de contidos electrónicos para Hostalería (menús, cartas, …)
- Sistemas de balizas
- Automatización de procesos regulados, tarefas reguladas, pasos regulados por Covid-19.
- Adaptación da presencia en internet ao efecto do Covid19, mediante elementos como “bots” de conversa autónoma, integración de sistemas de comercio básicos, mellora do catálogo de produtos, solucións de atención remota, sistemas “pick and go” (compra en móbil e recollida en tenda) e outros similares.
- Solucións de conectividade e incorporación do teletraballo.
- Solucións de mellora da ciberseguridade.
- De xeito excepcional, outros que poidan axudar á dita adaptación, o cal se motivará na resolución de concesión.

Aviso legal

  • A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
  • A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
  • A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.

« Maio 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento