Axudas e subvencións
Axudas e subvencións
Beneficiarios: | 1. Poderán ser beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde as organizacións de produtores pesqueiros (OPP) e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros (AOP) recoñecidas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do 1 de xaneiro de 2014, inscritas no Rexistro de Organizacións de Produtores Pesqueiros ou no Rexistro de Asociacións de Organizacións de Produtores Pesqueiros, establecidos no artigo 8 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño, e que non teñan recibido nos primeiros cinco anos desde o seu recoñecemento o total das axudas á creación das devanditas organizacións profesionais, conforme o establecido no artigo 6 do Real decreto 956/2017, do 3 de novembro. 2. A axuda limítase ao funcionamento das devanditas OPP ou AOP para aquelas anualidades, que, respectando o límite máximo dos 5 anos desde a súa creación, lles correspondan. Cada anualidade contarase desde o día seguinte ao da recepción da notificación da resolución favorable emitida pola Administración competente e ata un ano natural despois, sempre e cando o remate da anualidade estea establecido como moi tarde, dentro do prazo de presentación de solicitudes da presente convocatoria. |
Entidade: | Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica |
Plazo: | 13 do setembro do 2021 |
Estado: | Finalizada |
Web: | https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PE155D&ano=2021&numpub=1&lang=gl |
Descrición da axuda
1. Esta orde con código de procedemento PE155 D ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas á creación de organizacións de produtores pesqueiros (OPP) e de asociacións de organizacións de produtores pesqueiros (AOP) recoñecidas no ámbito autonómico galego e proceder á súa convocatoria para o 2021.2. A axuda concederase en apoio á súa creación e funcionamento da organización profesional durante os cinco primeiros anos naturais contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación da resolución favorable emitida pola Administración competente.
Estas axudas só se poderán outorgar cando a recepción da notificación da resolución favorable da Administración competente de recoñecemento se realizara a partir do 1 de xaneiro de 2014.
Aviso legal
- A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
- A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
- A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.
Rexistro
« | Maio 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Márketing Dixital en TikTok14 de maio de 2024 12:00Máis información
- Programación con Arduino Módulo II - Parte I15 de maio de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, como facer un contrasinal seguro20 de maio de 2024 10:30Máis información
- Programación con Arduino Módulo II - Parte II23 de maio de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, Antivirus e actualización do software27 de maio de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento