Axudas e subvencións

Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios destas axudas as pequenas empresas, microempresas e persoas en situación de autoemprego do Segmento III (entre 0 e menos de 3 empregados), cuxo domicilio fiscal estea situado en territorio español, que acrediten o cumprimento dos requisitos establecidos nos artigos 7 e 8 das Bases Reguladoras e o apartado segundo da Convocatoria.
Entidade: Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital
Financiación: O importe máximo de axuda por beneficiario será de dous mil euros (2.000 €)
Plazo: Desde o 20 de outubro do 2022 ao 20 de outubro do 2023
Estado: Activa - Vixente
Web: https://sede.red.gob.es/es/procedimientos/convocatoria-de-ayudas-destinadas-la-digitalizacion-de-empresas-del-segmento-iii

Descrición da axuda

Esta Convocatoria ten por finalidade a mellora da competitividade e o nivel de madurez dixital das empresas e persoas en situación de autoemprego comprendidas no citado Segmento III, seleccionando, en réxime de concesión directa, os beneficiarios das axudas mediante un procedemento de concorrencia non competitiva.

As axudas desta Convocatoria teñen a consideración de subvención directa e consistirán en disposicións dinerarias destinadas a financiar a adopción dunha ou varias solucións de dixitalización das dispoñibles no Catálogo de Solucións de Dixitalización do Programa Kit Dixital recollido na plataforma Acelera peme.

Poderán destinarse así mesmo estas axudas á adopción de solucións de dixitalización cuxo fin sexa substituír ás solucións xa adoptadas polo beneficiario, sempre que supoñan unha mellora funcional.

Aviso legal

  • A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
  • A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
  • A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.