Axudas e subvencións

Beneficiarios: As empresas do sector turístico de Galicia que se agrupen para colaborar e que, polo menos unha delas, estean inscritas conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, que teñan a condición de microempresas e sexan entidades privadas autónomas, constituídas baixo calquera forma xurídica admisible, co obxecto de practicar de xeito efectivo a colaboración, con domicilio social ou sede na Comunidade Autónoma de Galicia, e desenvolvan a actividade para a cal se solicita a subvención no ámbito rural de Galicia
Entidade: Xunta de Galicia
Plazo: 01/02/2018 - 28/02/2018
Estado: Activa - Vixente
Web: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TU983A

Requisitos

- As empresas obxecto de subvención non deberán estar vinculadas entre si. Considéranse vinculadas as empresas entre as cales existe algunha das seguintes relacións:

- En relación con estas bases reguladoras a definición de «pequenos operadores» enténdese conforme o disposto no PDR de Galicia 2014-2020, que dispón que serán beneficiarias desta submedida as microempresas, tal e como aparecen definidas no artigo 2 do anexo I do Regulamento 651/2014, do 14 de xuño de 2014, polo que declaran diversas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do TFUE.
Así, microempresa é aquela que ocupa menos de 10 traballadores e o seu volume de negocio anual ou balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros.
Para optar a estas axudas será necesaria a colaboración entre dúas ou máis empresas.
No caso de que o beneficiario sexa unha asociación, consorcio ou calquera outra forma xurídica que agrupe varias empresas, enténdese cumprida a colaboración establecida no parágrafo anterior.
- No caso de solicitarse a axuda polas agrupacións do artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, tanto na solicitude como na resolución de concesión deberán facerse constar os compromisos de execución asumidos por cada empresa, así como o importe de subvención que se aplicará por cada unha delas, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. En todo caso, deberá nomearse un líder que será o representante único da agrupación, único interlocutor coa Administración en todo o procedemento, e con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación.
- As agrupacións rexeranse por calquera instrumento xurídico válido en dereito que as regule, onde se acredite un acordo de vontades de todas as empresas participantes na agrupación. O funcionamento interno da agrupación responderá a criterios de autonomía de xestión, e un dos socios, o líder, asumirá a dirección do proxecto e a representación da agrupación ante a Administración, o cal deberá constar expresamente no instrumento xurídico válido que se realice para ese efecto. O líder recibirá a axuda concedida e será o responsable da súa distribución entre os socios participantes, de acordo coa repartición establecida no orzamento aprobado na resolución de concesión da axuda, conforme os seus compromisos de participación nel e coa resolución de pagamento tras a xustificación finalmente admitida pola Axencia Turismo de Galicia.

- Esta agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da citada lei.
- Os requisitos para ser persoas beneficiarias deberán cumprirse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.
- Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursos nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable das empresas solicitantes.

Aviso legal

  • A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
  • A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
  • A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.