Actualidade

A posible desaparición dos likes de Instagram

Data:  xoves, 24 de outubro de 2019

Instagram xa comezou cun cambio que supoñerá un antes e un despois no uso da rede social do like.
 
O pasado mes de xullo, Instagram explicaba o seguinte no seu perfil oficial de Twitter: "Queremos que os teus amigos céntrense nas fotos e os vídeos que compartes, e non en cantos likes reciben", mostrando a continuación unha listaxe de países onde esta rede social comezaría a implementar un experimento para invisibilizar os "gústame": Australia, Brasil, Canadá, Italia, Xapón e Nova Zelanda.
 
Desta forma, cada persoa usuaria aínda poderá ver os seus propios likes ao facer clic na lista de persoas que lle deran a ‘gústame', pero non o poderán ver o resto de seguidores e seguidoras que simplemente verán  algunha persoa que interactuaron co post, acompañado dun "e outros".
 
 
Ademais, crese que este cambio estenderase a nivel mundial proximamente, pero como sempre na compañía, os grandes cambios fanse de forma paulatina para poder observar con detemento como afecta ás persoas usuarias e á propia rede social.
 
É cada vez máis preocupante como as redes sociais afectaron e afectan ao equilibrio emocional e psicolóxico dos usuarios e usuarias, sobre todo dos máis novos e novas, esta situación pode estar detrás da decisión de Instagram deste importante cambio.
 
Aínda falta por comprobar como afectará aos usuarios da rede social este cambio e sobre todo ás marcas e  influencers que a converteron, en moitos casos, na súa principal fonte de ingresos e por suposto ao modelo publicitario existente ata o momento.
 
María Aller
Asesora TIC 
 
 

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2020 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento