O emprego e a transformación dixital no turismo - Actualidade
Actualidade
O emprego e a transformación dixital no turismo
Data: venres, 27 de setembro de 2019

Baixo o lema "Turismo e emprego: un futuro mellor para todos", celébrase este ano o Día Mundial do Turismo como cada 27 de setembro. Este ano o acto oficial das celebracións dirixidas pola Organización Mundial do Turismo OMT (UNWTO) terán lugar en Nova Deli, India. O obxectivo do Día Mundial do Turismo é concienciar achega do valor social, cultural, político e económico do turismo e contribuír a lograr os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
A creación e a garantía dun emprego equitativo son fundamentais para mellorar a inclusión social, a paz e a seguridade. Débese aproveitar o potencial de achegar traballo de calidade que encerra cada sector e en especial, o sector turístico cun peso na economía do noso país contorna ao 12% de P.I.B e case un 13% no emprego.
A aparición de novas tecnoloxías supuxo o desenvolvemento de novas formas de emprego que están a transformar rapidamente os procesos de produción en todo o mundo, é a coñecida como "cuarta revolución industrial" ou "revolución 4.0". Estes rápidos procesos de cambio aos que o turismo é especialmente sensible, brindan grandes oportunidades á vez que nos obrigan a unha metamorfose dos programas educativos, de emprego e benestar social.
Hoxe en día, os cambios no modo de viaxar sucédense de forma continua (hiperconexión dos turistas, segmentación e microsegmentación, novas motivacións, etc.) e a innovación tecnolóxica expándese polo sector turístico xerando unha importante demanda de novos perfís profesionais. As empresas turísticas solicitan profesionais relacionados coa transformación dixital e o márketing dixital. Principalmente, o mercado demanda expertos en análises de Big Data e Small Data, márketing dixital, revenue managers, yield managers, desarrolladores de páxinas web e apps, entre outros. Por isto, é moi importante dotar de coñecemento, ferramentas e habilidades dixitais aos demandantes de emprego e tamén aos recursos humanos das empresas turísticas.
Dada a importancia do sector turístico na nosa provincia non queremos deixar pasar unha data tan sinalada como o Día Mundial do Turismo sen felicitar a todas as persoas que contribúen cada día co seu traballo a que o turismo desenvolva todo o seu potencial #PontevedraProvincia #Rías Baixas.
Na liña TurisTIC de Smartpeme asesoramos diariamente a persoas emprendedoras, autónomas e Pemes deste sector, axudándolles a alcanzar os seus obxectivos de negocio e apoiando, principalmente, no ámbito tecnolóxico, como na creación e xestión de web, motores de reserva, redes sociais, márketing dixital, etc. Se te dedicas a este sector ou estás a emprender nalgunha actividade relacionada, animámosche a pedir un asesoramento co noso equipo e/ou acudir aos talleres que impartimos relacionados con esta temática.
Sonia Torres
Asesora TurisTic
Fonte: SmartPeme
Rexistro
« | Xuño 2025 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
- Bizum: a evolución dos pagos dixitais16 de xuño de 2025 11:00Máis información
- Pinterest para e-commerce17 de xuño de 2025 12:00Máis información
- Growth Márketing: estratexias para un crecemento sostible do teu negocio17 de xuño de 2025 17:00Máis información
- Creación e análise dunha base de datos de aloxamentos18 de xuño de 2025 16:30Máis información
- Deseño 3D online con OnShape 1, xestión documental e primer deseño19 de xuño de 2025 12:00Máis información
- Crea vídeos de alto impacto só co teu Smartphone19 de xuño de 2025 17:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento