Como enfrontar o COVID-19 nos establecementos turísticos - Actualidade
Actualidade
Como enfrontar o COVID-19 nos establecementos turísticos
Data: venres, 31 de xullo de 2020

É notable o decrecemento que tivo o sector turístico posteriormente ao COVID. Tanto as empresas como os turistas tiveron que adaptarse ás circunstancias, o medio, a forma de pensar e a forma de viaxar.
Para as empresas turísticas é o momento de cambiar de pensamento, de aproveitar estes momentos para renovarse e poder rexurdir con máis forza. Isto pódese realizar grazas ás distintas tecnoloxías para axudar á mellora do turismo existentes no mercado.
Unha ferramenta tecnolóxica útil e barata que se pode explotar ao máximo son os códigos QR, que presentan distintas modalidades como:
- En formato de billetes electrónicos: Pódese usar como tarxeta de embarque, como entrada a un evento ou mesmo como pago dun servizo.
- Como folleto en liña: Desta forma os turistas ou usuarios poden acceder a información útil sobre un recurso turístico, acceder á web do establecemento no que se atopen ou mesmo atopar curiosidades sobre un destino.
- Check in: Pódese utilizar estes códigos como chave dunha habitación ou como ferramenta de chegada de pasaxeiros.
- En forma de cuestionario de satisfacción: Débese realizar o escaneo do QR inmediatamente despois de que se realice o servizo turístico ou cando o viaxeiro realiza o rexistro de saída para desta forma conseguir unha avaliación máis rápida e unha recensión máis fiable do cliente.
Outra ferramenta TIC que tamén adquiriu moito valor desde o comezo da corentena é a creación de circuítos virtuais en Google, xa que permite botar unha ollada a un establecemento desde calquera dispositivo que poida conectarse a internet. Desta forma, axudamos a que a futura clientela ou turistas que van viaxar á provincia poidan facerse unha idea preconcibida dun establecemento, gañando fiabilidade e confianza.
Despois do confinamento gañou moito peso nas empresas turísticas o uso dos Chatbots, estes softwares de intelixencia artificial permiten unha atención 24 horas para a clientela e unha resposta rápida e instantánea sobre dúbidas sobre o servizo. Esta axuda robótica non é gratuíta, xa que ten un alto custo de construción dependendo o deseño das conversacións, os idiomas para utilizar, o grao de dificultade das respostas, etc. Aínda así, é unha ferramenta cada vez máis utilizada e demandada polos turistas estranxeiros e nacionais que buscan unha atención rápida e completa.
A parte destas tecnoloxías, tamén hai que valernos das distintas axudas que foron xurdindo coa crise e que o goberno proporciona para incrementar a oferta turística ou para axudar ás empresas para valerse de material sanitario para manter o seu establecemento coas medidas preventivas anticovid.
Para dar fiabilidade aos turistas de que a súa viaxe é seguro tamén se crearon distintos selos de "Safe Tourism" en distintas comunidades autónomas. Algúns deles teñen un custo elevado, polo importe que lle leva ás auditorías a inspección do local e comprobar que se cumpren todas as medidas de prevención, pero outros certificados pódense adquirir de forma gratuíta a través de distintos formularios en liña, por exemplo o que ofrece a Xunta de Galicia co nome de "Comercio seguro Galicia".
Algúns organismos como o Clúster de Turismo de Galicia ofrecen tarxetas Visa de ata 250€ para fomentar a actividade turística. Poderán participar as empresas do sector turístico de Galicia que formen parte de:
- Aloxamentos (exceptuando vivendas de uso turístico)
- Axencias de viaxe
Todas estas empresas deberán estar dadas de alta no REAT e deberán asumir o compromiso do cumprimento da normativa vixente, especialmente as derivadas do mantemento de seguridade e hixiene nos establecementos Post-Covid-19.
Outras entidades como o IGAPE céntranse máis en contribuír á creación de confianza entre empresa e consumidor/a, é por iso que ofrecen unha axuda de ata 1200€ para as PEMES que queiran adoptar medidas de seguridade no seu establecemento.
Para coñecer máis axudas sobre o sector turismo non dubides en consultar o noso apartado de axudas e subvencións na web.
É o momento de avanzar, de crear novas formas de viaxar, aumentar a oferta autonómica e nacional pero sempre ofertando un turismo seguro e de calidade.
Mariana Rosa
Asesora TurisTIC
Fonte: SmartPeme
Rexistro
« | Maio 2025 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- IA como ferramenta de márketing26 de maio de 2025 11:00Máis información
- Apps para axendar citas no teu negocio27 de maio de 2025 12:00Máis información
- Fotografía de produto para o teu E-commerce y Redes Sociales27 de maio de 2025 17:00Máis información
- Intelixencia Artificial e deseño para impresión 3D28 de maio de 2025 12:00Máis información
- Como empregar a IA para facer SEO29 de maio de 2025 12:00Máis información
- Introdución ao Lean Startup30 de maio de 2025 10:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento