Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Crearás a túa propia estratexia de email marketing, adaptada aos teus obxectivos. Ademais, compartirémosche trucos e consellos para mellorar os teus resultados. Xa sexa principiante ou teñas experiencia, este obradoiro brindarache os coñecementos necesarios para aplicar na túa propia estratexia. Un obradoiro práctico e útil para conectar mellor cos teus clientes.

Índice de contidos:
1. Introducción ao email marketing
2. Deseña a túa estratexia de email marketing
3. Trucos e consellos

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidad de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidad de A Coruña e un master en márketing dixital na UCM, con mais de 3 anos de experiencia en ecommerce e márketing dixital.
Obradoiro telemático a través de Zoom. 

As túas fotos de produto parecen caseiras e o algoritmo ignóraas? Neste taller aprenderás as regras de ouro do encadre vertical (9:16) e o ""aire dixital"" para reter miradas. Ademais, dominarás ferramentas de Intelixencia Artificial de balde para borrar imperfeccións, expandir fondos e lograr audios de estudio sen gastar un euro. ¡Leva o teu catálogo ao seguinte nivel!

Índice de contidos:
1. Introdución
2. As leis do encadre vertical e o marxe de seguridade.
3. Composición e iluminación caseira con impacto profesional.
4. IA para expandir fondos e limpar obxectos molestos.
5. Sets de estudio virtuais e audio impecable con IA.

O obradoiro será impartido por Guillermo Nass, TSU en Deseñador Gráfico Publicitario do Colexio Universitario Monseñor de Talavera, entusiasta da cor e do deseño con experiencia en web, Wordpress, posicionamento en redes sociais, márketing dixital, entre outros.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Céntrase en descubrir como saber manexar cada unha das ferramentas que Google Search Console pon a disposición dos empresarios e emprendedores para optimizar a súa páxina web e ser atopados de maneira rápida e sen erros por Google e os seus robots, o que se traduce nunha procura efectiva para os consumidores finais. O uso de Google Search Console é unha estupenda oportunidade para ir subindo posicións nos buscadores e aparecer na primeira páxina de resultados a custo cero.

Índice de contidos:
1. Que é Google Search Console?
2. Por que debo de usalo?
3. Primeiros pasos para configuralo
4. Mellora os aspectos de procura con Google Search Console
5. Consegue aumentar o tráfico da túa páxina web
6. Outras funcións importantes
7. Resumo

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidad de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidad de A Coruña e un master en márketing dixital na UCM, con mais de 3 anos de experiencia en ecommerce e márketing dixital.