Eventos

Buscador

    a
Sabes cal é a base dunha estratexia de márketing polo correo electrónico? Construir unha base de datos que funcione. Neste taller coñeceremos como aumentar os nosos contactos a través dos chamados “lead magnet”, regalos ou incentivos fundamentais para o crecemento óptimo de calquera negocio. Tamén afondaremos en como deseñalos e como incluir un formulario de subscrición na nosa web para facer medrar as nosas listas.

Índice de contidos:
1. Que son os lead magnet?
2. Como crear un formulario de subscrición?
3. Como deseñar un lead magnet

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidad de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidad de A Coruña e un master en márketing dixital na UCM, con mais de 3 anos de experiencia en ecommerce e márketing dixital.
A través da OAPR Ponteareas organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme.

Obradoiro telemático a través de Zoom.

A redacción dos textos das páxinas webs e tendas en liña é un dos principais elementos para o posicionamento SEO en Google. Existen diferentes aspectos sumamente importantes para obter uns bos resultados de procura, que son os que veremos neste obradoiro.

Índice de contidos:
1. Que é a contido SEO
2. Importancia da estratexia de contidos para un bo posicionamento, que son os h1, h2 e h3
4. Redacción de contidos
5. Ferramentas útiles para elixir as palabras chave
6. Conclusións

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.