Servizos
Servizos
ASESORAMENTO TIC
As persoas asesoras TIC das oficinas Smartpeme dan resposta a todas as cuestións que lles xorden ás persoas asesoradas sobre novas tecnoloxías, proporcionándolles un servizo de asesoramento individualizado
CENTRO PROVINCIAL DE ECONOMÍA DIXITAL
Situado no Viveiro de Empresas de Barro-Meis, atópase ao dispor de todas as persoas usuarias da rede, potenciando os servizos do resto de oficinas cunha oferta de asesoramentos e capacitación en materias tecnolóxicas avanzadas
TURISTIC
SMARTPEME IMPULSA
ASESORAMENTO TELEMÁTICO
Alá onde esteas, Smartpeme asesórache no uso das novas tecnoloxías. Contamos cun servizo de asesoramento telemático, asociado a cada centro, que posibilita a resolución de calquera cuestión sen necesidade de desprazarse ás oficinas
SMARTPEME CONECTA
Servizo de acompañamento na procura dun provedor de servizos. A persoa asesora Smartpeme axuda á persoa usuaria a definir a necesidade, a resolver e trasladar a petición aos axentes clave que buscan provedores entre as súas empresas asociadas