Eventos
Eventos
Buscador
11/12/2018 19:00
Este obradoiro ten como principal obxectivo orientas a pymes e autónomos na adopción das súas primeiras ferramentas para a xestión dos procesos de facturación, relación con provedores e procesos da empresa. Durante o obradoiro, explicarase en que consiste cada unha de estas ferramentas, e falarase de varias posibilidades gratuítas para autónomos e micropemes. Índice de contidos: • Necesidades de autónomos e micropemes • Definicións • Ferramentas gratuítas • Caso practico O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
11/12/2018 19:00
Obradoiro no que coñeceremos en profundidade Pinterest, unha rede social na que a imaxe o é todo. Baseada en taboleiros nos que compartir e gardar fotografías. Aprenderemos a sacarlle o máximo partido e como implementala na nosa estratexia de social media. Índice de contidos: • Introdución • Como crear unha conta en Pinterest • Primeiros pasos • Taboleiros • Que é e como se engade un pin? • Pinterest para negocios • Recomendacións O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
Os dispositivos móbiles veñen de substituír ao ordenador nas nosas preferencias de navegación e interacción na internet e o seu uso segue avanzando. O márketing móbil ou mobile marketing debe por tanto estar presente na estratexia de comercialización das empresas turísticas. Esta tecnoloxía brinda moitas oportunidades aos pequenos negocios turísticos facéndoos máis competitivos a través dunha conexión directa, actualizada y xeolocalizada co turista. Índice de contidos: - Introducción. - Qué é o Mobile Marketing? - Ferramentas do marketing móvil. - Consellos e trucos prácticos para o marketing móvil. O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
13/12/2018 17:00
Para o desenvolvemento deste taller, baseámonos na posta disposición das pequenas empresas dos mesmos conceptos e estratexias tecnolóxicas aplicadas en grandes corporacións. Desexamos concienciar que todas estas estratexias non son tan afastadas como poden parecer e están totalmente ao alcance de calquera micropeme. Resaltaremos a importancia estratéxica dos datos nas organizacións e ofreceremos algúns exemplos e estratexias de captación e utilización a través de ferramentas tecnolóxicas accesibles. Índice de contidos: - A importancia da estratexia de datos. - Big data e non tan Big data. - O datamining na internet. - O Business Intelligence. - O lead Nurturing. - Microaplicaciones para desenvolvemento e aplicación destas estratexias. - Casos de estudo. Casos de estudo e exemplos personalizados (Parte práctica) Modesto Perez García, consultor de innovación e transformación dixital en Aaccentia. Con máis de 35 anos de experiencia internacional, dirixiu diversas multinacionais en España, Holanda e Bélxica. Na actualidade é socio fundador de Aaccentia Multimedia empresa con 20 anos de traxectoria ao redor da innovación e a transformación dixital.
Obradoiro formativo en ciberseguridade co obxectivo de concienciarnos na necesidade de protexer o noso negocio contra posibles ataques, saber se estamos suficientemente protexidos e en caso negativo, unha pequena guía en 11 pasos co que recomendamos adoptar para estar protexidos. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
13/12/2018 19:00
Obradoiro no que coñeceremos en profundidade Pinterest, unha rede social na que a imaxe o é todo. Baseada en taboleiros nos que compartir e gardar fotografías. Aprenderemos a sacarlle o máximo partido e como implementala na nosa estratexia de social media. Índice de contidos: • Introdución • Como crear unha conta en Pinterest • Primeiros pasos • Taboleiros • Que é e como se engade un pin? • Pinterest para negocios • Recomendacións O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
13/12/2018 19:00
Prezi é un programa de presentacións para explorar e compartir ideas sobre un documento virtual baseado na informática en nube (software como servizo). A aplicación distínguese pola súa interface gráfica con zoom, que permite aos usuarios dispoñer dunha visión máis achegada ou afastada da zona de presentación, nun espazo Índice de contidos: - Primeiros pasos en Prezi: Crear Conta e Escoller Persoal. - A Interface de Prezi: O lenzo, menú, barras, a contorna. - Cambiar o Fondo. - Inserir e Editar Textos. - Inserir unha Imaxe - Engadir, Modificar e Eliminar Marcos. - Creando e Ordenando as Rutas. - Inserir un Link, Ligazón ou Hipervínculo. - Inserir un Vídeo. - Como Engadir Efectos ás Imaxes. - Como facer animacións en Prezi - Inserir un Documentos Word, Excel ou PDF. - Agregar Música de Fondo, Sons ou Voz. - Compartir un Prezi cos teus Amigos. O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
13/12/2018 19:00
Este obradoiro está deseñado para aqueles que buscan explorar unha nova forma de deseñar sen ter coñecementos no uso de ferramentas de deseño profesional, familiarizándonos coa terminoloxía de deseño e empregando unha novidosa ferramenta en liña para acadar imaxes abraiantes para as redes sociais ou calquera outro medio. Índice de contidos: • Principios esenciais de deseño para crear composicións fermosas e eficaces • Termos máis usados no deseño gráfico • Aprende facilmente a elixir as fontes que fan fincapé na mensaxe. • Construír relacións significativas de cor para crear gráficos visibelmente impresionantes. • Utilizar ferramentas simples para compoñer e mellorar as súas imaxes para un maior impacto visual. • Aprende a crear fondos fortes que axudarán a darlle brillo ós seus deseños. • Aprender a utilizar formas e iconas versátiles para crear un estilo visual nos seus deseños. • Mostrámoste como construír un kit de marca (imaxe corporativa) • Uso da ferramenta de deseño en liña (canva.com) O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
18/12/2018 17:00
Obradoiro de programación gráfica (bloques) orientado a iniciarse na robótica - Placa Arduino. - Actuadores: Led, Servo, Zumbador. - Sensores: LDR, Infrarojos. - Bitbloq Montaxe e programación dun robot segue- lineas básico O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Google Search Console é unha ferramenta totalmente gratuíta que está a disposición de todos os usuarios co fin de axudarlles a mellorar o posicionamento SEOdas páxinas web dunha maneira simple e intuitiva. O obradoiro céntrase en descubrir como saber manexar cada unha das ferramentas que Google Search Console pon a disposición dos empresarios e emprendedores para optimizar a súa páxina web e ser atopados de maneira rápida e sen erros por Google e os seus robots, o que se traduce nunha procura efectiva para os consumidores finais. O uso de Google Search Console é unha estupenda oportunidade para ir subindo posicións nos buscadores e aparecer na primeira páxina de resultados a custo cero. Índice de contidos: 1. Que é Google Search Console? 2. Por que debo de usalo? 3. Primeiros pasos para configuralo 4. Mellora os aspectos de procura con Google Search Console 5. Consegue aumentar o tráfico da túa páxina web 6. Outras funcións importantes 7. Resumo O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Rexistro
Calendario eventos
« | Abril 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 |
- Ciberseguridade, o Phishing29 de abril de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, ransomware e suplantación de Identidade06 de maio de 2024 10:30Máis información
- Instagram para principiantes II07 de maio de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, que son as cookies e como xestionalas08 de maio de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, uso da VPN13 de maio de 2024 10:30Máis información
- Márketing Dixital en TikTok14 de maio de 2024 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento