Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Os infoprodutos son un negocio máis para moitos profesionais que deciden compartir os seus coñecementos e gañar diñeiro con eles. Neste obradoiro coñecerás que son os infoprodutos e como che poden axudar a crear un negocio que se xestiona de maneira automática. Aprenderemos os tipos de infoprodutos que existen actualmente no mercado en liña e cómo elaboralo seguindo uns pasos básicos que nos indicarán o seu éxito.

Índice de contidos:
1. Introdución: Qué son os infoprodutos
2. Tipos de infoprodutos
3. Pasos básicos para crear un infoproduto

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidad de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidad de A Coruña e un master en márketing dixital na UCM, con mais de 3 anos de experiencia en ecommerce e márketing dixital.
22/10/2026 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Un obradoiro práctico para aprender a crear contido de valor que atraia e fidelice clientes sen usar publicidade tradicional. Aprenderás que formatos funcionan mellor (blogs, vídeos, infografías), a que hora publicar e como organizar un calendario mensual para aumentar as túas vendas e mellorar a túa presenza en internet.

Índice de contidos:
1. Introdución: Que é o márketing de contidos?  
2. Vantaxes desta estratexia  
3. Formatos e horarios óptimos  
4. Importancia do calendario (timing) mensual  
5. Conclusións 

O obradoiro será impartido por Guillermo Nass, TSU en Deseñador Gráfico Publicitario do Colexio Universitario Monseñor de Talavera, entusiasta da cor e do deseño con experiencia en web, Wordpress, posicionamento en redes sociais, márketing dixital, entre outros.

Calendario eventos

« Outubro 2026 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31