Eventos
Eventos
Buscador
O obxectivo deste taller é dar a coñecer dúas ferramentas de Google, enfocadas a negocios locais que busquen unha maior visibilidade. Google My Business e Google Adwords Express están pensados para facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios, das posibilidades da Geolocalización e as procuras que os seus potenciais clientes poidan facer, empregando o buscador de Google. Índice de contidos: "• Google My business o Que é? o Servizos que oferta o Como funciona? o Vantaxes • Google Adwords Express" o Qué é? o Como funciona? o Vantaxes • Diferenzas entre Google Adwords e Google Adwords Express • Coste dos servizos O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.