Eventos
Eventos
Buscador
12/07/2023 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom Linkedin permítenos situarnos como expertos no noso sector, ofrecer os nosos servizos, promover contidos e xerar unha marca persoal. No obradoiro de Linkedin veremos como crear un perfil profesional e unha páxina de empresa optimizada e como potenciar a nosa marca na rede profesional por excelencia. Índice de contidos: 1. Introdución a Linkedin 2. Perfil profesional 3. Páxina de empresa 4. Promociona os teus produtos e/ou servizos O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.