Eventos
Eventos
Buscador
16/06/2022 11:00
No mes de maio iniciamos un novo itinerario de Fabricación Dixital cun formato mixto, haberá talleres en liña e practicas presenciais no Fab Lab do Centro Provincial de Economía Dixital no Viveiro de Empresas de Barro. O obxectivo é o de dar a coñecer e familiarizarse coas tecnoloxías implicadas nun proceso de fabricación dixital, non só a nivel teórico, senón que facemos especial fincapé en que o asistente teña un contacto real coa tecnoloxía e que poida experimentar con ela, que sexa capaz de deseñar unha peza en 3D e póidaa fabricar no Fab Lab en por si. O itinerario consta dun total de 50 h de formación. 30 horas de formación en liña onde se verán: Debuxo 3D con Onshape – 16 h Impresoras 3D de filamento, materiais - 8 h Impresoras 3D de resina, materiais – 4 h Escáner 3D – 2 h 20 horas de prácticas no Fab Lab Impresoras 3D filamento – 8 h Impresoras 3D resina – 8 h Escaneo 3D – 4 h Non é necesaria experiencia previa, o itinerario parte desde cero e dará comezo o día 3 de maio e finalizará o 14 de xullo cunha cadencia de dous talleres semanais os martes e os xoves. Aforo limitado. Prazas dispoñibles 12. Estará dispoñible un certificado de asistencia ao itinerario onde se reflicten as horas de formación recibida e o temario detallado impartido. Para a obtención do devandito certificado é necesario asistir ao 75 % da formación en liña e ao 100% da formación presencial. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
16/06/2022 11:00
Realizarase de maneira telemática mediante Zoom Índice de contidos: - A importancia dos datos no sistema de toma de decisións das pemes - Que é power BI? - Compoñentes de Power BI - Creación dun informe en Power BI (Caso Práctico) A descarga de Power BI Desktop realizaríase neste apartado https://aka.ms/pbidesktopstore O rexistro no servizo de Power BI na nube sería en : https://go.microsoft.com/fwlink/?LinkId=2182771&clcid=0x40a&cmpid=pbi-free-hero-sta-signup O formador deste obradoiro é Laureano Pérez Soto CEO de Datasight Consulting