Eventos

Buscador

    a
As redes sociais crecen cada día, e aos poucos van dando máis oportunidades para compartir contido realizado de diferentes formas, o contido audiovisual está en máxima tendencia, e fíxose un oco bastante importante en redes sociais. É a hora de comezar a xerar este tipo de contido, é interesante, dinámico e fácil de visualizar e compartir, moito máis  viral que calquera outro contido.
É unha alternativa perfecta para comezar a traballar de maneira activa e profesional os nosos perfís de redes sociais.

VÍDEO MARKETING II – Animacións e gifs feitas con fotografía de produto.

En ocasións temos fotografías de produto sinxelas e que mostran o produto sen máis, engadir algún efecto, gif, ou animación dálle ao noso contido un efecto diferente e poténciao, aprenderás a facer este tipo de animacións con ferramentas sinxelas.
1.	Tipos de vídeos ou gifs a realizar.
2.	Preparación de recursos gráficos (recorte de elementos, fotos e  logo).
3.	Animación e gifs con canva.
4.	(Outras  apps ou programas para gifs ou animacións).

O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
Google Analytics evolucionou. O modo no que Google recompila a información dos usuarios que acceden á nosa web e o modo no que nola mostra para a súa análise, cambiou para sempre. Esta evolución materialízase nunha nova ferramenta: Google Analytics 4. Este obradoiros realiza unha primeira aproximación a esta ferramenta, fundamental para calquera sitio web. Poñeranse de manifesto as diferenzas co actual Google Analytics (Universal), veremos como configurala e como comezar a sacarlle partido, de modo que nos axude na toma de decisións do noso negocio.

Índice:
1.	Google Analytics: Comparativa de versións
2.	Crear propiedade de Google Analytics 4
3.	Interface, informes e configuracións recomendadas
4.	Comprende aos visitantes da túa web

O obradoiro será impartido por Esther  Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.

Calendario eventos

« Xuño 2021 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30