Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom

Cando comezamos no mundo da fotografía temos que ter en conta moitas cousas, desde o formato empregado, ata a luz e como afecta a nosa fotografía, hai moitos elementos que non se poden deixar ao azar e que podemos controlar para facer o tipo fotografía que queremos e do xeito que precisamos.
Neste obradoiro imos ver técnicas, características e composicións que podemos levar a cabo ao sacar as nosas fotografías, xa sexa cun teléfono móbil ou coa nosa cámara máis profesional. Aprenderemos que podemos controlar dentro do marco da fotografía para ser o máis creativos posibles e deste xeito facer unha fotografía interesante e que chame a atención.

O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa

Inscricións a través da seguinte ligazón:

Calendario eventos

« Setembro 2021 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento