Eventos
Eventos
Buscador
23/06/2021 10:00
Neste taller dedicado a empresas, persoas emprendedoras e autónomos do sector turístico e recreativo, compartiremos consellos e trucos sobre como optimizar as vosas experiencias en Airbnb e aprenderemos a utilizar todas as ferramentas dispoñibles para que o voso negocio sexa competitivo na plataforma. 1. Logra que a túa experiencia sexa un éxito 2. Ferramentas para recibir máis reservas 3. Medidas de protección contra a Covid 19 4. Preguntas e respostas Este taller será impartido por Federica Petruccio, market manager das experiencias Airbnb en España e Portugal. Desde 2018, encárgase de axudar aos anfitrións locais a facer crecer o seu negocio e a súa competitividade a través a creación e optimización das experiencias en Airbnb
23/06/2021 12:00
As redes sociais crecen cada día, e aos poucos van dando máis oportunidades para compartir contido realizado de diferentes formas, o contido audiovisual está en máxima tendencia, e fíxose un oco bastante importante en redes sociais. É a hora de comezar a xerar este tipo de contido, é interesante, dinámico e fácil de visualizar e compartir, moito máis viral que calquera outro contido. É unha alternativa perfecta para comezar a traballar de maneira activa e profesional os nosos perfís de redes sociais. VÍDEO MARKETING I – Contido audiovisual, a última tendencia. Introdución ao vídeo márketing e á importancia de implementalo nas nosas redes sociais, centrareime sobre todo en Instagram xa que é a rede social que máis tráfico xera na actualidade, e ten máis opcións de compartir o contido. 1. Que é o vídeo márketing? 2. O vídeo márketing na contorna dixital. 3. Tipos de vídeos a realizar. 4. Consellos para a creación e gravación. 5. Material de uso en gravación. O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
23/06/2021 18:00
Prestashop é un Sistema de xestión de contidos (CMS) libre e de código aberto, pensado para construír desde cero tendas en liña de comercio electrónico, para pequenas empresas ou grandes corporacións. O obxectivo destes talleres é falar sobre o e- commerce e instalar a nosa tenda de Prestashop, coñecela, cargar produtos, actualizala, adaptándoa ás necesidades do negocio. Parte II: • Coñece a túa tenda con Prestashop • Adapta a túa tenda en liña • Venda e Xestión de clientes O obradoiro será impartido por Guillermo Nass, TSU en Deseñador Gráfico Publicitario do Colexio Universitario Monseñor de Talavera, entusiasta da cor e do deseño con experiencia en web, Wordpress, posicionamento en redes sociais, márketing dixital, entre outros.