Eventos
Eventos
Buscador
Con este obradoiro axudámosche á hora de elixir e contratar un dominio e aloxamento para a túa web. É importante saber que nome ten que darlle á súa páxina para sacarlle o máximo partido. Saber elixir un aloxamento que se axuste ás súas necesidades, capacidade de espazo, velocidade, seguridade, servizo técnico, prezos e outros, son importantes detalles que hai que ter moi en conta á hora de elixir entre as distintas empresas provedoras destes servizos. Índice de contidos - Que é un dominio e tipos de dominio - Consellos para elixir un nome de dominio, recomendacións - Como varían os prezos á hora de ter un tipo de dominio ou outros? - Pasos a realizar para a contratación dun dominio - Que é un Aloxamento e tipos de aloxamentos - Características que pode ofrecernos un aloxamento - Exemplos de empresas provedoras de aloxamento - Pasos a realizar para a contratación dun aloxamento O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
04/10/2018 19:00
As estratexias do marketing turístico están a evolucionar rápidamente nos últimos anos e as pymes turísticas teñen por diante un gran reto para non quedarse atrás. Estar ao tanto das estratexias e tendencias no marketing e no turismo é preciso para triunfar nun sector tan dinámico. Conocer sus claves actuales es imprescindible para obter unha vantaxe competitiva e optimizar os recursos cós que nos promocionamos. Índice de contidos: . Introdución. . Novas tendencias no sector turístico . Estratexias de marketing para aumentar a túa visibilidade. . Consellos e recomendacións para mellorar os resultados. O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
04/10/2018 19:00
Neste obradoiro mostrarase as múltiples ferramentas que ten Facebook para empresas, ensinarase a como utilizalas para darnos a coñecer e para conseguir máis clientes. Índice de contidos: - Por que usar Facebook para a miña empresa? - Crea unha páxina para a túa empresa - Aumenta os seguidores da túa páxina de empresa - Descobre os beneficios de Facebook Ads - Estas son as ferramentas de axuda de Facebook O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.