Eventos
Eventos
Buscador
04/06/2019 19:00
Copywriting aplicado a web e redes sociais O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
Aprende a elixir as palabras clave para a túa estratexia SEO e SEM A día de hoxe todo o mundo oíu falar do SEO e do SEM pero, coñecemos realmente a importancia de traballar correctamente estes dous termos? Unha estratexia efectiva de posicionamento nos motores de procura ten como base a elección dunhas boas palabras crave adaptadas ao público obxectivo ao que nos diriximos, isto é sen dúbida a clave do éxito. Neste taller ensinarémosche a buscar as palabras crave adecuadas coas ferramentas que dispón o mercado actualmente para garantir un oco no mercado online e xerar o maior número de vendas posible. Nivel: Iniciación Contido 1. A importancia do SEO 2. A importancia do SEM 3. Como se buscan as palabra crave? 4. Aplicación das palabras crave 5. Ferramentas Nivel: iniciación O obradoiro será impartido por Natalia Martínez, xornalista especializada en comunicación corporativa e márketing dixital, con máis de 10 anos de experiencia executando proxectos dixitais multidisciplinares e asesorando a empresas e marcas. Nos últimos anos foi docente especialista en publicidade dixital e analítica web para o Máster de Márketing Dixital da USC.
04/06/2019 19:00
En numerosas ocasións os emprendedores e empresas consolidadas lánzanse a realizar accións de márketing online, sen ter un plan de márketing dixital previo: publicar calquera contido e en calquera momento en redes sociais, crear un artigo no blogue sen realizar un estudo previo da temática, facer publicidade sen un obxectivo claro… A consecuencia: o fracaso das súas campañas dixitais. Un Plan de Márketing Dixital é esencial para que unha empresa teña éxito na contorna online. Neste taller entenderemos que é un plan de márketing dixital, para que serve e como crear o noso paso a paso cun exemplo real. Contidos: • Que é un Plan de Márketing Dixital • Por que o necesito? Beneficios • Pasos para crear o teu Plan de Márketing Dixital • Exercicio – Exemplo dun Plan Nivel: Iniciación O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
06/06/2019 17:00
As novas tecnoloxías están a cambiar de forma moi rápida os métodos de produción tradicionais, un conxunto destas novas tecnoloxías é o que se coñece como Fabricación Dixital. Índice de contidos: Presentación do taller e declaración de obxectivos Fabricación Dixital, en que consiste Impresión 3D I: Que é unha impresora 3D? Para que serve, que podemos facer… Un pouco de historia, movemento, Rep Rap, métodos de impresión 3D Aspectos técnicos da impresora 3D FFF Obtención de modelos 3D FreeCad I: Que é FreeCAD?. Descarga, instalación e setup Primeiros pasos, menús e navegación Cubo, menú datos e vista, nomear, gardar, copiar Invisibilidade, traslado e unións Sistema de referencia, local e global – Rotacións Exercicios O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
06/06/2019 17:00
Na fotografía de produto temos moitas posibilidades e factores a ter en conta para chegar ao resultado final que necesitamos. Na fotografía de xoiería este resultado adquire maior dificultade, as pezas de xoiería deben ser fotografadas con mimo e coidando cada detalle coma se fose o máis importante. No taller veremos trucos para realizar estas fotografías e como editalas con programas de retoque. (Realizarase práctica, sería recomendable traer computador propio para a edición de imaxes). 1. Que dificultades principais preséntanse. 2. Diferenza entre render e foto de produto, e foto para RRSS 3. Erros máis comúns nas fotos de produto. 4. Composición das fotografías 5. Tipos de fondos. 6. Debemos ter en conta 7. Retoque e edición. Nivel: Iniciación O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa
Como mellorar a reputación online do teu establecemento turístico O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
06/06/2019 18:00
Neste obradoiro explicaranse todas as posibilidades que ofrece G Suite, as ferramentas de Google que permiten aforrar tempo e traballar de maneira máis eficiente. Falarase das diferentes aplicacións e das solucións a medidas adaptadas a cada tipo de empresa. Contido 1- Que é Gsuite? 2- Configuración básica 3- Todas as funcións que ofrece 4- Solucións Nivel: Iniciación O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
06/06/2019 19:00
Este taller vai dirixido a pemes e autónomos que se dediquen á venda directa de produto (comerciantes polo miúdo) e que conten cunha tenda online. As campañas de Google Shopping permiten promocionar produtos directamente no buscador Google, ofrecendo aos usuarios información detallada sobre o que se vende antes de que fagan clic no anuncio. Contido - Que é Google Shopping - Requisitos para anunciarse - Políticas de anuncios de Shopping - Configuración dunha conta en Google Merchant Center - Crear un feed de produtos correcto - Crear unha campaña de Shopping con grupos de produtos Nivel: Iniciación (É preciso ter tenda en liña) O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
11/06/2019 17:00
Las novas tecnoloxías están a cambiar de forma moi rápida os métodos de produción tradicionais, un conxunto destas novas tecnoloxías é o que se coñece como Fabricación Dixital. Índice de contidos: Planificación proxecto persoal, debuxo, laminación e impresión 3D dunha peza de libre elección. FreeCad II: Diferencias Cilindros Arrays, ortogonal e polar Redondeos, chaflanes e reforzos Exercicios Impresión 3D II: Software de laminación CURA Impresión práctica O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
11/06/2019 17:00
As actividades no destino xa representan o terceiro compoñente de gasto turístico a nivel global. Este taller está dirixido a empresas turísticas que engloban na súa actividade diversos servizos de lecer e animación, para viaxeiros, turistas e poboación local. Contido: - Introdución - Técnicas de márketing para a súa promoción - Plataformas tecnolóxicas de comercialización - Boas prácticas Nivel: Iniciación O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 Seguinte