Eventos
Eventos
Buscador
05/02/2024 10:30
Obradoiro telemático a través de Zoom. Iniciamos unha nova serie de obradiros de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos de ter en conta, o formato é de 30 min máximo e unha frecuencia semanal para favorecer unha aprendizaxe fácil e progresiva. "Ciberseguridade, Ransomware e suplantación de identidade", o obxectivo deste taller é dar a coñecer o Ransomware, en que consiste, como afecta. A suplantación de identidade é un tipo de ciberataque que esta crecendo en en popularidade e adopta multiples formas e aprovéitase das distintas circunstancias que se producen en cada territorio. Índice de contido - Que é o Ransomware. - Que é a suplantación de identidade. - Como protexernos O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
06/02/2024 10:00
Co obxectivo de impulsar a difusión do coñecemento e a adopción de servizos tecnolóxicos aplicados ao sector turismo, o servizo Smartpeme da Deputación de Pontevedra organiza a Demostración de Solucións Tecnolóxicas para o Sector Turístico. Nesta xornada, diversas empresas presentarán as solucións tecnolóxicas que desenvolveron e que son aplicables á industria turística. Esta iniciativa serve como vitrina destacada para aquelas empresas interesadas en ofrecer servizos tecnolóxicos específicos para o turismo, brindándolles a oportunidade de exhibir as súas innovacións. A Demostración de Solucións Tecnolóxicas para o Sector Turístico tamén facilitará o establecemento de novas relacións empresariais e a xeración de colaboracións entre os participantes que forman parte desta industria crucial para a provincia de Pontevedra. A xornada realizarase en formato en liña, a través da ferramenta Zoom, de forma que sexa posible facilitar a asistencia a todas aquelas persoas interesadas en acudir.
07/02/2024 12:00
Brevo é o novo nome da ferramenta de Email Marketing, Sendiblue. Esta app para xenerar newsletter permite crear un propio CRM, manter ordeadas e clasificadas as nosas bases de datos e poder automatizar procesos. Queres aprender a facer as túas propias campañas? Neste obradoiro coñecerás como facer unha newsletter, axustar a ferramenta ás túas necesidades e aprender a facer a túa base de datos. Índice: 1. Que é Brevo 2. Como crear unha campaña de email marketing 3. Trucos e Consellos O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
08/02/2024 12:00
o obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer qué é e para que serve un plan de empresa, así como as partes que o compoñen. Nele, proporcionaremos as chaves para desenvolver o modelo de negocio que se adapte ao teu sector. Índice de contido: - Claves para desenvolver un modelo de negocio. - Qué é e para que serve un plan de empresa? - Partes dun plan de empresa. - Preguntas e recursos. - Exemplos para a parte práctica. O obradoiro será impartido por Eva Pérez, Economista e con Postgrao en Xestión Empresarial da Innovación, vinculada ao mundo do emprendemento e da empresa a través de distintas iniciativas.
12/02/2024 10:30
Obradoiro telemático a través de Zoom. Iniciamos unha nova serie de obradiros de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos de ter en conta, o formato é de 30 min máximo e unha frecuencia semanal para favorecer unha aprendizaxe fácil e progresiva. “Ciberseguridade, uso dunha VPN”, o obxectivo deste obradoiro é o de fomentar o uso das VPN, porque debemos usar unha VPN, de que forma protéxenos o uso de VPN. Índice de contido - Que é unha VPN e para que serve. - VPN gratuítas. - Configuración de Protón VPN. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
15/02/2024 11:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Airbnb é unha plataforma en liña que se creou en 2008 en San Francisco, hoxe en día é unha das maiores páxinas de anuncios para alquileres vacacionais que existe, ainda que a presenza de aloxamentos hoteleiros está a incrementarse. Neste portal teñen presencia apartamentos, hoteis, casas rurais e incluso aloxamentos singulares, como caravanas ou cabanas. Igualmente é posible reservar una visita a unha adega, unha ruta gastronómica, a visita ao casco histórico dunha vila ou unha experiencia ou obradoiro virtual. En este obradoiro adicado a persoas emprendedoras, autónomos e a empresas do sector turístico falaremos de cómo convertirse en anfitrión de aloxamentos e actividades e cales son as condicions e ventaxes de formar parte dunha plataforma dixital. Contidos: 1. Introdución 2. Crear anuncios de aloxamentos en Airbnb 3. Crear anuncios de experiencias e actividades en Airbnb. 4. Optimización de nuncios 5. Boas prácticas. O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
19/02/2024 10:30
Obradoiro telemático a través de zoom. Iniciamos unha nova serie de talleres de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos de ter en conta, o formato é de 30 min máximo e unha frecuencia semanal para favorecer unha aprendizaxe fácil e progresiva. “Ciberseguridade, o Phishing”, o obxectivo deste taller é dar a coñecer o Phishing que é a forma máis sinxela de ciberataque e, ao mesmo tempo, a máis perigosa e efectiva por tanto é fundamental coñecelo, saber as distintas formas nas que se pode presentar para poder identificalo con eficacia. Índice de contido - Que é o Phishing. - Tipos de Phishing, - Como protexernos. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
20/02/2024 12:00
Capcut é a nova ferramenta en liña para crear vídeos, deseños e con IAs moi potentes. Esta é a segunda parte do itinerario Capcut en liña, onde veremos como deseñar publicacións en redes sociais con esta ferramenta. Examinaremos a súa interface e as opcións que ofrece, as súas vantaxes e desvantaxes en relación con outras ferramentas, e como usar as súas plantillas para as nosas publicacións. Un paso máis á hora de usar ferramentas gratuítas nos teus deseños. Índice: 1- Que é Capcut en liña. 2- Opcións de deseño. 3- Ferramentas de deseño internas. 4- Crea o teu deseño. 5- Gardado e recursos. O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
Rexistro
Calendario eventos
« | Febreiro 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 |
- Ciberseguridade, o Phishing29 de abril de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, ransomware e suplantación de Identidade06 de maio de 2024 10:30Máis información
- Instagram para principiantes II07 de maio de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, que son as cookies e como xestionalas08 de maio de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, uso da VPN13 de maio de 2024 10:30Máis información
- Márketing Dixital en TikTok14 de maio de 2024 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento