Eventos
Eventos
Buscador
17/02/2017 19:00
"Neste obradoiro trataranse de mostrar os pasos técnicos necesarios para dispor dun espazo web propio en internet que nos proporcione unha imaxe de empresa, marca ou produto coa que identificarnos e diferenciarnos. Será “a nosa casa” na rede, onde usuarios e clientes poderán atopar os nosos datos de contacto e información de interese sobre os produtos e servizos que ofrecemos. Índice de contidos • Diferenciemos o que é a web e o que é internet • A túa dirección web será a túa marca, escolle ben! • Non te enlees coas páxinas web, dedícate a crear os contidos • Teño un nome, sei quen son: ó choio! Exemplo de ferramenta coa que poder montar a túa web en 50 minutos • E, finalmente, como darnos a coñecer na rede O obradoiro será impartido por Alberto Falcón, Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad do País Vasco e Máster en Integración de Redes en contornas Internet, con mais de 12 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. Especialista en Marketing Online."
20/02/2017 19:00
"Este obradoiro informativo está orientado a autónomos e micropemes, co obxectivo de que coñezan mellor a importancia das redes sociais e de como poden mellorar o seu negocio, xa que estas son unha canle de comunicación que serve para proxectar unha imaxe positiva e próxima da nosa marca, produtos ou servizos e permiten establecer relacións e sinerxías con provedores, clientes e, por que non, coa competencia, ademais de ofrecer outras moitas vantaxes, que tamén se tratarán aquí. Índice de contidos • As redes sociais • Usando as redes sociais: Facebook, Twitter, Google My Business, Youtube, Linkedin. • Creando o seu propio blog • Traballando con RRSS O obradoiro será impartido por Eliana Bouzas, Licenciada en publicidade e relacións públicas pola Uvigo e Master en Tecnoloxías da Información e desenvolvemento rexional pola USC, con máis de 6 anos de experiencia vinculada a proyectos de alfabetización e capacitación dixital."
21/02/2017 19:00
"Este obradoiro está deseñado para aqueles que buscan explorar unha nova forma de deseñar sen ter coñecementos no uso de ferramentas de deseño profesional, familiarizándonos coa terminoloxía de deseño e empregando unha novidosa ferramenta en liña para acadar imaxes abraiantes para as redes sociais ou calquera outro medio. Índice de contidos • Principios esenciais de deseño para crear composicións fermosas e eficaces • Termos máis usados no deseño gráfico • Aprende facilmente a elixir as fontes que fan fincapé na mensaxe. • Construír relacións significativas de cor para crear gráficos visibelmente impresionantes. • Utilizar ferramentas simples para compoñer e mellorar as súas imaxes para un maior impacto visual. • Aprende a crear fondos fortes que axudarán a darlle brillo ós seus deseños. • Aprender a utilizar formas e iconas versátiles para crear un estilo visual nos seus deseños. • Mostrámoste como construír un kit de marca (imaxe corporativa) • Uso da ferramenta de deseño en liña (canva.com) O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos."
21/02/2017 19:00
"Con este obradoiro preténdese informar as empresas da importancia que ten hoxe en día o comercio electrónico e darlles a coñecer as vantaxes que ofrece esta ferramenta. Traballarase o deseño e a estratexia que deberá ter a nosa tenda en liña para xerar bos resultados. Índice de contidos 1º Que é o comercio electrónico? 2º Vantaxes da venda en liña 4º Elementos básicos da nosa tenda 5º Plataforma Prestashop e Wordpress para o deseño da nosa tenda: • Personalizando a nosa tenda • O catálogo de produtos • Rexistro e área de usuario • Carriño da compra O obradoiro será impartido por Andrés Carrera, Inxeneiro Informático pola Universidade de Alcalá. Analista con máis de oito anos de experiencia no deseño, desenrolo e implementación de solucións software para empresas. Especialista en Aseguramento de Calidade do Software."
22/02/2017 19:00
"Con este obradoiro preténdese informar as empresas da importancia que ten hoxe en día o comercio electrónico e darlles a coñecer as vantaxes que ofrece esta ferramenta. Traballarase o deseño e a estratexia que deberá ter a nosa tenda en liña para xerar bos resultados. Índice de contidos 1º Que é o comercio electrónico? 2º Vantaxes da venda en liña 4º Elementos básicos da nosa tenda 5º Plataforma Prestashop para o deseño da nosa tenda: • Personalizando a nosa tenda • O catálogo de produtos • Rexistro e área de usuario • Carriño da compra O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web."
23/02/2017 19:00
"Linkedin é unha das redes sociais mellor e máis valoradas por profesionais, autónomos e microempresas, pola súa facilidade para crear unha rede de contactos profesional. Orientada a reforzar e a ampliar as túas conexións profesionais e de negocios, Linkedin sitúase como unha das redes sociais principais que toda empresa debería manexar. Por iso, este taller ten como obxectivo coñecer a rede social, como funciona e como aprender a sacarlle o maior partido posible. Índice de contidos • Introdución a LinkedIn • Como funciona LinkedIn • Optimización de perfil • Xeración de rede de contactos • Creación de páxina de empresas • Recomendacións finais O obradoiro será impartido por Eliana Bouzas, Licenciada en publicidade e relacións públicas pola Uvigo e Master en Tecnoloxías da Información e desenvolvemento rexional pola USC, con máis de 6 anos de experiencia vinculada a proyectos de alfabetización e capacitación dixital."
23/02/2017 19:00
"Este obradoiro ten como obxectivo demostrar que a factura electrónica é una solución máis económica e eficaz que a factura convencional, xa que pehrmite reducir custos (papel, medios de comunicación, etc.) e o tempo de xestión administrativa de calquera autónomo ou empresario. Coa facturación electrónica conséguese unha maior calidade de servizo que estes ofrecen, cuestión clave que repercutirá ó mesmo tempo nunha maior competitividade das empresas de Pontevedra. Índice de contidos • Que é a factura electrónica? • É obrigatorio facturar electronicamente? • Vantaxes que ofrece a facturación electrónica • Condicións que se deben cumprir • O proceso de facturación electrónica • Como podo facelo? • Software de xestión empresarial ERP (Enterprise Resource Planning) • Software Facturae – Facturación Electrónica 3.1 • Sedes electrónicas para a presentación de facturas electrónicas ás administracións públicas • FACe • Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra O obradoiro será impartido por Alberto Falcón, Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad do País Vasco e Máster en Integración de Redes en contornas Internet, con mais de 12 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. Especialista en Marketing Online."
24/02/2017 19:00
"Con este obradoiro preténdese informar as empresas da importancia que ten hoxe en día o comercio electrónico e darlles a coñecer as vantaxes que ofrece esta ferramenta. Traballarase o deseño e a estratexia que deberá ter a nosa tenda en liña para xerar bos resultados. Índice de contidos 1º Que é o comercio electrónico? 2º Vantaxes da venda en liña 4º Elementos básicos da nosa tenda 5º Plataforma Prestashop e Wordpress para o deseño da nosa tenda: • Personalizando a nosa tenda • O catálogo de produtos • Rexistro e área de usuario • Carriño da compra O taller será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores."
27/02/2017 19:00
"Este obradoiro ten como obxectivo mostrar a importancia e as distintas vantaxes de ter seguidores no noso perfil profesional. En consonancia con isto, a idea é achegar o necesario para que os asistentes manexen as técnicas básicas, mostrando exemplos que lles permitan ver como se plasman na práctica estas técnicas, para que a continuación traballen sobre eles. Índice de contidos • Importancia dunha imaxe de marca en internet • Factores para mellorar a túa presenza en liña, tipos de contidos (imaxes, infografías, vídeos, artigos, presentacións) • Introdución ás redes sociais. • Técnicas especializadas para aumentar seguidores • Imaxe e reputación en internet • Ferramentas do día a día • Publicidade en redes sociais O obradoiro será impartido por Alberto Falcón, Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad do País Vasco e Máster en Integración de Redes en contornas Internet, con mais de 12 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. Especialista en Marketing Online."
"Neste obradoiro explicanse as vantaxes da implantación dun xestor documental intelixente Índice de contidos • Que é a xestión documental • Por que dixitalizar documentos. Beneficios • Especificacións • Selados, avisos e notas • Indexación y multiformato • Fluxo de traballo • Dixitalización certificada • Grampado desgrampado, conversores • Importación de estruturas O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos."