Eventos
Eventos
Buscador
28/01/2019 10:00
- Un pouco de historia, sistemas de impresión 3D - Impresión FDM e FFF, aspectos técnicos - Obtención de modelos 3D - Laminación con CURA - Impresión práctica - Demo de impresora SLA ou DLP (opcional) - Usos real da impresión 3D en xoiería O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
29/01/2019 17:00
Neste obradoiro aprenderemos a planificar a nosa axenda e a dos nosos empregados desde esta aplicación na nube, sincronizando Google Calendar nos nosos dispositivos móbiles coa nosa axenda de contactos en Google. Podemos crear múltiples calendarios compartidos entre os diferentes usuarios da organización ou externos e organizar as citas cos nosos clientes ou provedores convidándoos a diferentes eventos, ós que nos darán a súa previa aceptación. Índice de contidos: • Planificación das miñas tarefas e reunións • Creación e xestión de calendarios compartidos cos nosos empregados ou de perfís distintos dentro da empresa • Invitación a reunións e citas cos nosos clientes ou provedores esixindo a súa aceptación • Conexión coa axenda de contactos • Sincronización cos dispositivos móbiles O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Unha das dificultades coas que se atopan as pequenas e medianas empresas turísticas é a realización de trámites na administración pública vía electrónica. Neste taller trataremos conceptos que van desde como acceder e modificar os datos que a Administración ten sobre el, o tramitar altas/baixas/cambios da túa empresa, solicitude e seguimento de subvencións, facturación, ata a participación en diferentes programas de promoción e comercialización dos entes de xestión turística. Índice de contidos: • Turespazo: extranet sectorial que se establece entre o sector turístico e a Administración Turística de Galicia a través de Internet. • Firma dixital e facturación electrónica/ FACE. • Entes de xestión turística: Turismo Rías Baixas, Turismo de Galicia e Mapa Xeodestinos turísticos. • Exemplos e trámites para a participación en plans de promoción e comercialización de recursos turísticos: Ruta do veu Rías Baixas (Experiencias enoturísticas), Galicia turismo rural (Experiencias), Turismo. gal (“Plans”). O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
O Social Media Listening é unha ferramenta do márketing dixital que che permite crear contido co que crear engagemente coa túa marca. Para iso supervísanse as conversacións en redes sociais co obxectivo de escoitar, analizar e mellorar os nosos produtos ou servizos adaptándoos ao consumidor. Índice de contidos: • Que é o Social Media Listening? • Por que utilizalo? Vantaxes • Aspectos crave • Ferramentas • Casos de éxito • Recomendacións finais O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
29/01/2019 19:00
Este taller dirixido a pemes e autónomos, e emprendedores onde se tratará de contextualizar e mostrar que é un Bot e como podemos utilizar os Chatbot como modelo da automatización da atención ao cliente Índice de contidos: • Definición • Tipoloxías • Ferramentas para crear o noso propio chatbot • Caso práctico: Chatbot para Facebook O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
29/01/2019 19:00
Este taller dirixido a pemes e autónomos, e emprendedores onde se tratará de contextualizar e mostrar que é un Bot e como podemos utilizar os Chatbot como modelo da automatización da atención ao cliente Índice de contidos: • Definición • Tipoloxías • Ferramentas para crear o noso propio chatbot • Caso práctico: Chatbot para Facebook O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
30/01/2019 19:00
A identidade dunha empresa represéntase a través dun conxunto de elementos ou símbolos que son capaces de definir o concepto de marca. A través deses elementos ou símbolos, a nosa imaxe convértese en única e reconocible ante o mundo. É por iso que temos que destinar esforzos a crear unha identidade visual sólida, reconocible universalmente, que teña sentido e correspóndase coa misión e valores da empresa. Índice de contidos: 1. Que saber antes de empezar a crear a nosa identidade? 2. Que hai que ter en conta para elixir nome e deseño 3. Que hai que ter en conta para elixir o estilo para a nosa identidade 4. Práctica: Creación do logotipo con Canva 5. Consellos finais O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
31/01/2019 17:00
Os dispositivos móbiles veñen de substituír ao ordenador nas nosas preferencias de navegación e interacción na internet e o seu uso segue avanzando. O márketing móbil ou mobile marketing debe por tanto estar presente na estratexia de comercialización das empresas turísticas. Esta tecnoloxía brinda moitas oportunidades aos pequenos negocios turísticos facéndoos máis competitivos a través dunha conexión directa, actualizada y xeolocalizada co turista. Índice de contidos: . Introducción. . Qué é o Mobile Marketing? . Ferramentas do marketing móvil. . Consellos e trucos prácticos para o marketing móvil. O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
31/01/2019 18:00
- Quinto programa – Mover servos, montaxe en protoboard do circuíto e programación - Mapear, librería servos - Servos, potenciómetro, condensador de desacoplo - Sexto programa – montar servos en chasis e movelo, montaxe en chasis de robot e programación - Programar avanzar, xiro dereita, xiro esquerda e retroceder - Chasis robot - Sétimo programa – teclado musical, montaxe en protoboard do circuíto e programación - Matriz - Zumbador O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Na actualidade, dado o gran número de competidores grazas á globalización e accesibilidade que permite internet, as empresas necesitan chegar ao consumidor dunha maneira intelixente e emotiva para diferenciarse do resto. O Márketing de contidos busca atraer e reter aos clientes potenciais ofrecéndolles contido interesante e valioso co que sentan identificados e xeren unha empatía cara á marca. O taller céntrase nos aspectos que se deben ter en conta para postear nun horario adecuado ao cliente, ver de que maneira hai que dirixirse a el ou coidar os detalles de cada publicación para lograr a maior taxa de engagement posible. Índice de contidos: Que é o márketing de contidos? Vantaxes de realizar unha estratexia baseada no márketing de contidos Formatos e horarios óptimos A importancia de ter un timming mensual Conclusións O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.