Eventos
Eventos
Buscador
04/12/2017 19:00
O obxectivo deste taller é dar a coñecer dúas ferramentas de Google, enfocadas a negocios locais que busquen unha maior visibilidade. Google My Business e Google Adwords Express están pensados para facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios, das posibilidades da Xeolocalización e as procuras que os seus potenciais clientes poidan facer, empregando o buscador de Google. Índice de contidos • Google My business o Que é? o Servizos que oferta o Como funciona? o Vantaxes • Google Adwords Express ou Que é? ou Como funciona? ou Vantaxes • Diferenzas entre Google Adwords e Google Adwords Express • Custo destes servizos O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Neste obradoiro, dirixido a pemes e autónomos, preténdese dar unha visión inicial sobra a publicidade de pago no buscador Google. Daranse as claves para realizar unha campaña de éxito tendo en conta parámetros como, por exemplo, efectividade, medición, conversión e optimización. Trátase de accións publicitarias para os que queiran dirixir tráfico á súa páxina web pagando por aparecer nos primeiros lugares do buscador con ligazóns patrocinadas, ou ben noutros portais web, de forma segmentada e dirixida. Índice de contidos • Introdución • Crea a campaña • Grupos de anuncios • Palabras clave • Crea os anuncios • Deseña a páxina web de destino • Establece o orzamento • A poxa • Realiza un seguimento das conversións • Interpreta os datos • Optimiza as campañas O Obradoiro será impartido por Rafael Yáñez Dobarro, Técnico de Sistemas, especializado en redes e seguridade, con máis de 14 anos de experienciana implantación TIC nas empresas
04/12/2017 19:00
Obradoiro pensado para aprender a realizar fotografías de mellor calidade visual para potenciar a visibilidade dos produtos nas redes sociais e no comercio en liña en xeral. Deste modo o teu escaparate virtual atraerá máis seguidores e clientes potenciais. A fotografía non ten que ser difícil. Tes unha tenda en liña? Un sitio web sobre arte ou artesanía? Tes unha páxina dun restaurante cun blog culinario? Este é un obradoiro básico dirixido a principiantes (non profesionais) que queren facer mellores fotos no seu propio local comercial, estudio, casa, etc. Índice de contidos • Coñecer cal é o equipo necesario, tipos de cámaras, entre outras ferramentas e insumos que se poden adquirir para facer mellores fotos • Fotografía básica • Facer un estudio fotográfico de baixo custo • Escoller o mellor fondo • Cómo se deben preparar os produtos antes, durante e despois da sesión • Formas de fotografar roupa, calzado, gastronomía, entre outros produtos de interese (previa solicitude dos participantes) • Resolución de dúbidas ou inquietudes O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
11/12/2017 19:00
De uso sinxelo e con un gran publico potencial, permite aos profesionais e ás empresas conectar de forma rápida coa súa audiencia, creando unha imaxe de marca cércana formando unha comunidade activa arredor da mesma. Neste taller adestrarémonos en Instagram dende o enfoque profesional, coñecendo as funcionalidades que nos ofrece e recomendando a estratexia a seguir nela en función dos nosos obxectivos. Índice de contidos • Introdución a Instagram • Por que a miña empresa debería estar en Instagram? • O perfil de empresa en Instagram • Estratexia de contidos • Marcas nas que inspirarte O obradoiro será impartido por Lorena Penas, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e Máster en Comunicación polo Instituto de Medios Sociais de Santiago de Compostela, con máis de 3 anos de experiencia vinculada ao márketing dixital.
12/12/2017 19:00
Curso básico sobre conceptos de web, enfocado na importancia dunha páxina profesional e os seus beneficios como empresa e o seu correcto posicionamento en internet a través de técnicas gratuítas. Índice de contidos • Conceptos básicos • Dominios, hosting… • Para que podo utilizar un dominio • .com vs. .es e outras extensións • Presenza en internet: • Beneficios • ¿Como o logramos? • SEO • Posicionamento interno • Posicionamento externo • Penalización en motores de procura O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
13/12/2017 19:00
Hoxe en día ninguén pon en dúbida que as Redes Sociais son un fenómeno sociolóxico que cambiaron a nosa maneira de comunicarnos. Por tanto, o noso negocio non debe ser alleo a iso, pero debemos establecer e seguir certas normas á hora de utilizalas desde o punto de vista profesional. Neste taller daranse as pautas para contar cunha exitosa estratexia en redes sociais como ferramenta de comunicación para o noso negocio. Índice de contidos Por que necesito unha guía de boas prácticas en Redes Sociais? Uso persoal vs. uso profesional Aspectos a ter en conta Exemplos de manuais corporativos de boas prácticas O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
13/12/2017 19:00
Neste obradoiro explicanse as vantaxes da implantación dun xestor documental intelixente Índice de contidos • Que é a xestión documental • Por que dixitalizar documentos. Beneficios • Especificacións • Selados, avisos e notas • Indexación y multiformato • Fluxo de traballo • Dixitalización certificada • Grampado desgrampado, conversores • Importación de estruturas O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Taller dirixido a todos aqueles empresarios e empresarias que queiran xestionar a sua propia tenda online dunha maneira sinxela á vez que potente. Índice de contidos • Configuración avanzada dos productos • Crear promocions, descontos e outras características extra • Engadir proteccions profesionais para os datos dos teus clientes • Addons para woocommerce O Obradoiro será impartido por Rafael Yáñez Dobarro, Técnico de Sistemas, especializado en redes e seguridade, con máis de 14 anos de experienciana implantación TIC nas empresas
14/12/2017 19:00
Neste obradoiro explicarase que é e para que serve un logotipo. Recorreranse as características que debe ter un bo deseño e axustaremos as formas, tipografías e cores segundo o que queremos comunicar da nosa empresa. Aplicarase todo de forma práctica en Canva, onde todos crearán un deseño de logo real. Para isto é necesario ter unha conta creada en www.canva.com , ferramenta online e gratuíta de deseño. Índice de contidos • Que é, que importancia ten e que representa un logo. • Características principais que debe ter. • Analizar antes de deseñar. • Que tipografías y cores escoller. • Práctica, deseño de logotipo con canva. • Consellos finais. O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
O tema que se abordará neste curso correspóndese coa segunda parte do obradoiro Google Analytics: Iniciación á analítica Web. Nesta parte centrarémonos en interpretar os datos dos informes máis importantes e en entender as diferentes métricas e dimensións. A idea principal que se busca alcanzar é poder chegar á toma de decisións óptima e corrixir pautas para mellorar os nosos obxectivos comerciais. Índice de contidos • Dimensións métricas e valores • As vistas • Os obxectivos • Embudes de conversión • Referencia de tráfico de campañas O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce