Eventos
Eventos
Buscador
26/03/2019 19:00
A fotografía de produto é o escaparate do noso local no mundo on- line, por iso debemos ser coidadosos á hora de realizar as nosas fotografías, coidar os detalles a luz e a composición son os factores máis importantes da nosa fotografía. Da calidade da nosa imaxe dependerá a capacidade de aceptación ou desexo de consumir os nosos produtos ou servizos. Neste taller repasaremos as claves e os elementos que debemos utilizar para realizar unha boa fotografía de produto. Índice de contidos: 1. Que é a fotografía de produto? 2. Claves para conseguir a fotografía perfecta. 3. Que necesitamos para facer boas fotografías de produto? 4. Elementos para realizar as fotografías. 5. Requisitos de tendas on- line (tamaños, calidade, etc.) 6. Práctica de edición como programa on- line. O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
26/03/2019 19:00
O obradoiro está orientado a axudar as empresas e autónomos a coñecer os recursos e as ferramentas informáticas máis comúns para a mellora da xestión e funcionamento do seu negocio. Índice de contidos: 1.- Os diferentes dispositivos. 2.- Sistemas IOS, Android. 3.- As app’s. 4.- Conectividad Wi-fi y “x”G. 5.- App´s de Movilidad: • Correo electrónico, contactos e calendarios (Gmail, Outlook.com) • Almacenamiento na nube (DropBox, Google Drive, OneDrive) • Google Maps • Google Earth • Google Calender • Google Traductor • Banca Electrónica • Videoconferencia (Facetime, Skype, Hangouts) • Geolocalización • Video vixilancia, cámaras IP • Invoice2Go (facturas dende a nube) • Imprimir dende o móvil • Control Remoto (RDP) (Teamviewer, Logmein) • App’s de pago e gratuitas. O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
27/03/2019 18:00
Durante esta xornada comprenderemos as posibilidades que ofrece WordPress, aprenderanse os pasos para crear un sitio web con este CMS e profundarase no deseño, desenvolvemento e xestión da páxina para conseguir un sitio web profesional e optimizado. O obradoiro levarase a cabo no Viveiro de empresas de A Estrada Índice de contidos: 1- Instalación de WordPress 2- Configuración básica 3- Manexo dos temas 4- Engadir entradas ao blogue 5- Engadir páxinas 6- Xestión de plugins e widgets 7- Xestionar comentarios 8- Actualizacións 9- Formularios 10- Copias de seguridade O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
28/03/2019 17:00
Que é unha impresora 3D?. para que serve, que podemos facer… Un pouco de historia, movemento REP RAP, sistemas de impresión 3D Aspectos técnicos dunha impresora 3D Obtención de modelos Software de laminación CURA Impresión practica Técnicas de postproducción Uso real nas pemes Mantemento básico O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
28/03/2019 19:00
Con este obradoiro queremos concienciar de que o uso do 3D en audiovisual non é só cousa de grandes corporacións, campañas de márketing ou produtoras, senón que, autónomos e pequenas empresas poden beneficiarse das súas vantaxes e posibilidades para realizar vídeos máis atractivos e interesantes. Para iso, analizaremos o proceso de realización e produción audiovisual, programas de edición de vídeo e de animación 3D. Índice de contidos: •Vídeo corporativo ou promocional? •Proceso de realización e produción audiovisual. •Tipos de montaxe. •Tipos de planos, movemento de cámara, ritmo, etc. •Audio ou Banda sonora. •Programas e proceso de edición de vídeo. •Vantaxes e posibilidades do 3D nos meus vídeos. •Programas e proceso de animación 3D. O obradoiro será impartido por Sabela Muñiz, creativa multidisciplinar e CEO en Alobre 3D, empresa dedicada ao desenvolvemento de solucións en 3D aplicadas ao márketing e comunicación empresarial.
As redes sociais son un dos recursos modernos que máis se utilizan para atraer a posibles consumidores cara aos nosos produtos ou servizos, xa sexan en liña ou de forma física ao noso local. As fotografías para redes sociais deben atraer ao cliente, contar unha historia, ser creativas e destacar por encima das demais, para iso debemos saber nocións básicas de composición e planos. Veremos tamén como segundo a marca podemos crear diferentes estéticas que nos diferencian dos demais e fannos reconocibles na internet Índice de contidos: 1. Que son as fotografías para redes sociais? 2. Claves para fotografías de RRSS. 3. Planos en función do obxecto ou suxeito. 4. Planos en función da cámara. 5. Que necesitamos para facer unhas boas fotografías? 6. Regras básicas de publicación en redes sociais. O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
28/03/2019 19:00
Para o desenvolvemento deste taller, baseámonos na posta disposición das pequenas empresas dos mesmos conceptos e estratexias tecnolóxicas aplicadas en grandes corporacións. Desexamos concienciar que todas estas estratexias non son tan afastadas como poden parecer e están totalmente ao alcance de calquera micropeme. Resaltaremos a importancia estratéxica dos datos nas organizacións e ofreceremos algúns exemplos e estratexias de captación e utilización a través de ferramentas tecnolóxicas accesibles. Índice de contidos: - A importancia da estratexia de datos. - Big data e non tan Big data. - O datamining na internet. - O Business Intelligence. - O lead Nurturing. - Microaplicaciones para desenvolvemento e aplicación destas estratexias. - Casos de estudo. Casos de estudo e exemplos personalizados (Parte práctica) Modesto Perez García, consultor de innovación e transformación dixital en Aaccentia. Con máis de 35 anos de experiencia internacional, dirixiu diversas multinacionais en España, Holanda e Bélxica. Na actualidade é socio fundador de Aaccentia Multimedia empresa con 20 anos de traxectoria ao redor da innovación e a transformación dixital.
Linkedin é a rede social principal para crear contactos profesionais, proporciona unha canle de tráfico á web das empresas e autónomos, axuda a mellorar a visibilidade en Google e permite afianzar marcas e ampliar a carteira de contactos. Para iso, existen unha serie de accións de márketing que axudarán á empresa para sacarlle maior rendemento a esta rede social de contactos profesionais. Este taller axudará a crear as estratexias de márketing máis oportunas para optimizar as páxinas de empresa nesta rede social de contactos. Índice de contidos: • Obxectivos das empresas en Linkedin • Exemplos de páxinas de empresa en Linkedin • Optimización da páxina empresarial ás 100% • Estratexias de márketing - Involucra aos teus empregados - Utiliza contido de valor: Slideshare - Grupos: crea e participa - Linkedin Ads - Crea o perfil noutros idiomas O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
02/04/2019 17:00
Instagram é unha das redes sociais que hoxe en día está máis de “moda” sobre todo no ámbito do turismo. Implementando unha boa estratexia de márketing poderás atraer a un público máis cualificado e alongar a súa experiencia co teu produto. Calquera usuario, ao ver unha imaxe en Instagram dalgún produto/destino/establecemento turístico, pode sentir a necesidade coñecerche, converténdose tamén nun prescritor a túa marca, contando a súa experiencia coas súas propias imaxes. Índice de contidos: • Introdución. • Guía rápida de creación da túa conta en Instagram para empresas. • Consellos de uso para gañar visibilidade. • Ferramentas para optimizar a presenza do teu negocio. • Publicidade en Instagram: Instagram ads e “ Instagram stories” O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
02/04/2019 18:00
Que é unha impresora 3D?. para que serve, que podemos facer… Un pouco de historia, movemento REP RAP, sistemas de impresión 3D Aspectos técnicos dunha impresora 3D Obtención de modelos Software de laminación CURA Impresión practica Técnicas de postproducción Uso real nas pemes Mantemento básico O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 Seguinte