Promociona o teu alugueiro vacacional en Booking

Data Inicio:  15/02/2023 17:00    
Data Fin:  15/02/2023 18:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Cambados 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom

Booking.com é o principal portal en liña na venda de aloxamento no noso país. É a maior OTA, Axencia de viaxes en liña, tanto por ingresos como por pernoitas. Booking, conta con 430 millóns de usuarios anuais e máis de 1 millón de reservas por día. Este portal en liña visibiliza anuncios de propiedades en máis de 227 cidades, está dispoñible en máis de 40 idiomas e recibe 4,5 millóns de reservas á semana.
Este obradoiro está orientado a persoas emprendedoras, persoas autónomas e a empresas do sector turístico no que abordaremos cómo crear e optimizar anuncios de aloxamentos e cáles son as condicións e vantaxes de formar parte desta plataforma dixital.

Contidos:
1. Introdución
2. Crear anuncios de aloxamentos.
4. Optimización de nuncios.
5. Boas prácticas.

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
Url do Evento: https://forms.gle/xt5tV5FCd3VLfkWJ9
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse