Pontevedra - Como facer unha exitosa campaña de publicidade no Google?

Data Inicio:  12/06/2017 19:00    
Data Fin:  12/06/2017 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller  Temática:  Publicidade, marketing on line e redes sociais
 
Tipo de Solución:  Portais e Xestión de Contidos (ECM/CMS)
 
   
 
Neste obradoiro, dirixido a pemes e autónomos, preténdese dar unha visión inicial sobra a publicidade de pago no buscador Google. Daranse as claves para realizar unha campaña de éxito tendo en conta parámetros como, por exemplo, efectividade, medición, conversión e optimización. 
Trátase de accións publicitarias para os que queiran dirixir tráfico á súa páxina web pagando por aparecer nos primeiros lugares do buscador con ligazóns patrocinadas, ou ben noutros portais web, de forma segmentada e dirixida.

Índice de contidos
• Introdución
• Crea a campaña
• Grupos de anuncios
• Palabras clave
• Crea os anuncios
• Deseña a páxina web de destino
• Establece o orzamento
• A poxa 
• Realiza un seguimento das conversións
• Interpreta os datos
• Optimiza as campañas
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse