O Porriño - Aprende a xestionar o teu negocio con follas de cálculo

Data Inicio:  21/06/2017 19:00    
Data Fin:  21/06/2017 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme O Porriño 
 
Tipo de Evento:  Taller  Temática:  Utilidades
 
Tipo de Solución:  Ofimática e Utilidades
 
   
 
O taller está dirixido a todos aqueles empresarios e empresarias que xestionan a súa actividade cunha folla de cálculo. Neste taller aprenderán formas sinxelas de relacionar a información das operacións diarias cos stock de mercadoría, mediante un exemplo práctico que tan só usa 9 fórmulas. Ademais poderás interpretar a marcha do teu negocio utilizando táboas e gráficos dinámicos.
O taller está concibido para nivel inicial e intermedio.

Contidos:

- As importancia da xestión das operacións
- Uso de persoais en follas de cálculo
- Deconstrución do noso exemplo
- Análise dos resultados
- Plataformas de follas de cálculo alternativas

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse