Apps para axenciar citas no teu negocio

Data Inicio:  26/10/2022 17:00    
Data Fin:  26/10/2022 18:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Lalín 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom

Paras a pensar no tempo que perdes en poder axustar e axenciar as citas dos teus clientes no teu negocio? A produtividade, ademais de aplicarse nas nosas tarefas máis sólidas, tamén aplica a estos tempos de organización do noso día a día, por iso, este obradoiro vaiche axudar a poder organizar o teu tempo e ter máis produtividade diaria. Coñeceremos a utilizar ferramentas online que nos axuden a automatizar estos procesos de calendarización de citas.

1. Vantaxes de usar Apps de automatización de citas
2. Tipos de Apps
3. Apps online para axenciar citas

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
Url do Evento: https://forms.gle/ztdaA7kRnfHjdW8k7
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse