Ponteareas - Google Calendar, moito máis que unha axenda

Data Inicio:  09/02/2017 19:00    
Data Fin:  09/02/2017 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Ponteareas 
 
Tipo de Evento:  Taller  Temática:  Utilidades
 
Tipo de Solución:  Ofimática e Utilidades
 
   
 
"Neste obradoiro aprenderemos a planificar a nosa axenda e a dos nosos empregados desde esta aplicación na nube, sincronizando Google Calendar nos nosos dispositivos móbiles coa nosa axenda de contactos en Google. 
Podemos crear múltiples calendarios compartidos entre os diferentes usuarios da organización ou externos e organizar as citas cos nosos clientes ou provedores convidándoos a diferentes eventos, ós que nos darán a súa previa aceptación.

Índice de contidos
• Planificación das miñas tarefas e reunións
• Creación e xestión de calendarios compartidos cos nosos empregados ou de perfís distintos dentro da empresa
• Invitación a reunións e citas cos nosos clientes ou provedores esixindo a súa aceptación
• Conexión coa axenda de contactos
• Sincronización cos dispositivos móbiles

O taller será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores."
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse