Lalín - Google Calendar, moito máis que unha axenda

Data Inicio:  01/02/2017 19:00    
Data Fin:  01/02/2017 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Lalín 
 
Tipo de Evento:  Taller  Temática:  Correo electrónico e comunicacións web
 
     
 
Neste obradoiro aprenderemos a planificar a nosa axenda e a dos nosos empregados desde esta aplicación na nube, sincronizando Google Calendar nos nosos dispositivos móbiles coa nosa axenda de contactos en Google. Podemos crear múltiples calendarios compartidos entre os diferentes usuarios da organización ou externos e organizar as citas cos nosos clientes ou provedores convidándoos a diferentes eventos, ós que nos darán a súa previa aceptación.

Contidos:
•	Planificación das miñas tarefas e reunións
•	Creación e xestión de calendarios compartidos cos nosos empregados ou de perfís distintos dentro da empresa
•	Invitación a reunións e citas cos nosos clientes ou provedores esixindo a súa aceptación
•	Conexión coa axenda de contactos
•	Sincronización cos dispositivos móbiles

O obradoiro será impartido por Eliana Bouzas, Licenciada en publicidade e relacións públicas pola Uvigo e Master en Tecnoloxías da Información e desenvolvemento rexional pola USC, con máis de 6 anos de experiencia vinculada a proyectos de alfabetización e capacitación dixital.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse