Vídeo márketing I - Contido audivisual, a última tendencia

Data Inicio:  23/06/2021 12:00    
Data Fin:  23/06/2021 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
As redes sociais crecen cada día, e aos poucos van dando máis oportunidades para compartir contido realizado de diferentes formas, o contido audiovisual está en máxima tendencia, e fíxose un oco bastante importante en redes sociais. É a hora de comezar a xerar este tipo de contido, é interesante, dinámico e fácil de visualizar e compartir, moito máis viral que calquera outro contido.

É unha alternativa perfecta para comezar a traballar de maneira activa e profesional os nosos perfís de redes sociais.

VÍDEO MARKETING I – Contido audiovisual, a última tendencia.

Introdución ao vídeo márketing e á importancia de implementalo nas nosas redes sociais, centrareime sobre todo en Instagram xa que é a rede social que máis tráfico xera na actualidade, e ten máis opcións de compartir o contido.
1. Que é o vídeo márketing?
2. O vídeo márketing na contorna dixital.
3. Tipos de vídeos a realizar.
4. Consellos para a creación e gravación.
5. Material de uso en gravación.

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
Url do Evento: https://forms.gle/1WbUtuxf8sNXXbEA6
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse