Medidas para enfrontar o coronavirus no teu establecemento turístico

Data Inicio:  30/09/2020 11:00    
Data Fin:  30/09/2020 12:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom

O obxectivo deste Obradoiro é coñecer a adaptación das empresas turísticas á situación vivida polo COVID-19, coñecer cales son os novos avances en tecnoloxía a utilizar, como podemos obter os novos selos de turismo seguro, que entidades subvencionan ou axudan aos establecementos e cales son as medidas recomendadas a seguir para poder sair adiante.

Os puntos a tratar son os seguintes:
1) Códigos QR
2) Tour Virtual de Google
3) Selos COVID
4) Axudas e subvencións
5) Outras medidas

O taller será impartido por Mariana Rosa, Técnica superior en Axencia de viaxes e xestión de eventos e Graduada en Turismo, que conta cunha gran experiencia no ámbito da comunicación turística e os seus beneficios para este sector.

Inscricións a través da seguinte ligazón:
Url do Evento: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfP7NQMPrVaxFaGqPBuQWnmKOBcjDDVqp0N5vGJ-zFg3Gw09Q/viewform?usp=sf_link
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse