Consideracións á hora de crear o meu modelo de negocio

Data Inicio:  20/07/2020 12:00    
Data Fin:  20/07/2020 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Cambados 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom

Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos tratará de mostrar os pasos necesarios a seguir para que unha idea se converta nun negocio. Veremos a importancia de xerar unha marca rodeada de valores que nos fagan únicos e identificables no mercado e como seguir unha estratexia para alcanzar o noso obxectivo. Tamén veremos a importancia de atender a unha serie de consideracións iniciais para minimizar os riscos.
Contidos:
• Definir o modelo de negocio
• Branding
• Ferramentas para usar
• A estratexia de contido
• Análise dos resultados
• A comunidade e a miña reputación en liña

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.

Inscricións a través da seguinte ligazón:
Url do Evento: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfTHp_wI94iZWGCkGwmsnQYBUU1b_w_Szd-ql0C2TrFezE1gQ/viewform?usp=sf_link
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse