Mellora o teu tráfico web a través de SEO off page

Data Inicio:  14/05/2020 18:00    
Data Fin:  14/05/2020 19:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Nos seus inicios, Google medía a importancia dun documento en función das súas referencias, ou o que é o mesmo, a importancia dunha web en función das súas ligazóns. O algoritmo do buscador cambiou moitos desde entón, pero as ligazóns seguen sendo o principal factor de posicionamento e, a pesar de que a intención de procura do usuario está a gañar terreo, seguirán sendo un factor de posicionamento fundamental. 

Neste taller aprenderemos os conceptos básicos e a terminoloxía específica que utilizamos no SEO Off Page, saberemos identificar e valorar aquelas oportunidades de ligazón ao noso contido dunha maneira práctica e fiable, e detallaremos as diferentes técnicas de linkbuilding con exemplos prácticos para levalas a cabo. 

·QUE É O SEO OFF PAGE?
· LINK BUILDING
· PROCURA DE OPORTUNIDADES DE LIGAZÓN
· CALIFICACIÓN DE LIGAZÓNS
· RELATIONSHIP BUILDING
· CONTACTA CON PROSPECTOS
· COMPRA DE LIGAZÓNS

O taller será impartido por Jano Llorca, Consultor SEO en Redegal, Webmaster e experto en posicionamento orgánico internacional de grandes contas.
Url do Evento: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeL-qNRn7xhHUb2nTZO8eLlgEy0tSkt2KY2cgu_Vf7E5VPqow/viewform?usp=sf_link
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse