Lalín- Woocommerce: A solución que buscabas para vender por Internet

Data Inicio:  09/01/2020 18:00    
Data Fin:  09/01/2020 21:00 Duración:  3:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Lalín 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Woocommerce é unha ferramenta moi sinxela e intuitiva que permite poder montar unha tenda online cunha catálogo non moi amplo. É un plugin de WordPress de código aberto e gratuíto que che permitirá realizar e ter a túa tenda online. Neste obradoiro ensinámosche a instalalo, ver todas as súas características, pasarelas e formas de pago, así como incluír produtos e xestionar pedidos.

Índice de contidos:
- Elementos a ter en conta.
- Instalación de Woocommerce e consideracións importantes.
- Configuración de Woocommerce.
- Produtos Simples.
- Produtos Agrupados.
- Produtos Externos/Afiliados.
- Produtos Variables.
- Plugins (seguridade, pedidos, campos…).

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse