Evento
Pontevedra - Google Calendar, moito máis que unha axenda
Data Inicio: | 27/06/2019 19:00 | ||
Data Fin: | 27/06/2019 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Pontevedra | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Neste obradoiro aprenderemos a planificar a nosa axenda e a dos nosos empregados desde esta aplicación na nube, sincronizando Google Calendar nos nosos dispositivos móbiles coa nosa axenda de contactos en Google. Podemos crear múltiples calendarios compartidos entre os diferentes usuarios da organización ou externos e organizar as citas cos nosos clientes ou provedores convidándoos a diferentes eventos, ós que nos darán a súa previa aceptación. Índice de contidos: • Planificación das miñas tarefas e reunións • Creación e xestión de calendarios compartidos cos nosos empregados ou de perfís distintos dentro da empresa • Invitación a reunións e citas cos nosos clientes ou provedores esixindo a súa aceptación • Conexión coa axenda de contactos • Sincronización cos dispositivos móbiles Nivel: Iniciación O obradoiro será impartido por Natalia Martínez, xornalista especializada en comunicación corporativa e márketing dixital, con máis de 10 anos de experiencia executando proxectos dixitais multidisciplinares e asesorando a empresas e marcas. Nos últimos anos foi docente especialista en publicidade dixital e analítica web para o Máster de Márketing Dixital da USC. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse
Rexistro
Calendario eventos
« | Maio 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Márketing Dixital en TikTok14 de maio de 2024 12:00Máis información
- Programación con Arduino Módulo II - Parte I15 de maio de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, como facer un contrasinal seguro20 de maio de 2024 10:30Máis información
- Programación con Arduino Módulo II - Parte II23 de maio de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, Antivirus e actualización do software27 de maio de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento