Vigo - Mellora a túa páxina web e posiciónaa en buscadores

Data Inicio:  14/03/2019 18:00    
Data Fin:  14/03/2019 21:00 Duración:  3:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Neste obradoiro coñeceremos Google  Analytics, a ferramenta de analítica web gratuíta máis estendida pola súa eficacia, capacidade de personalización e sinxeleza de implementación.

Índice de contidos:
- Introdución . Conceptos básicos.
- Que é SEO? Técnicas SEO.
- Posicionamento interno
- Posicionamento externo
- Penalización nos motores de procura
- Ferramentas SEO
- Taller SEO

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse