O Porriño - Como promocionar o teu propio evento en redes sociais

Data Inicio:  28/02/2019 19:00    
Data Fin:  28/02/2019 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme O Porriño 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Con este taller coñecerás as pautas de como se planifica un evento en redes sociais e cales son os aspectos que debes ter en conta para organizalo, as accións que debes realizar na produción e na post-produción para promocionar o evento e que sexa todo un éxito. 

Os eventos son unha gran ferramenta de comunicación para o teu negocio xa que potencias a túa imaxe, fidelizas e captas novos clientes. Para facer unha promoción perfecta do teu evento -sexa cal for-, existen tres etapas fundamentais, as cales teñen o seu lugar nas redes sociais. 

Índice de contidos:
• Factores a ter en conta antes de organizar un evento (Tipos de evento, público obxectivo, creatividade, programa do evento, etc)
• Fase de  pre-evento en redes sociais: planificación e preparación 
• Acciones durante o evento (creación de  hashtag, como usar Facebook  Live,  Periscope ou  Stories)
•Accións post-evento (Agradecementos, monitoraxe de  hashtag, reporte de actividade online

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse