Lalín - Accións de márketing para empresas e autónomos

Data Inicio:  14/02/2019 19:00    
Data Fin:  14/02/2019 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Lalín 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Linkedin é a rede social principal para crear contactos profesionais, proporciona unha canle de tráfico á web das empresas e autónomos, axuda a mellorar a visibilidade en Google e permite afianzar marcas e ampliar a carteira de contactos.

Para iso, existen unha serie de accións de márketing que axudarán á empresa para sacarlle maior rendemento a esta rede social de contactos profesionais. Este obradoiro axudará a crear as estratexias de márketing máis oportunas para optimizar as páxinas de empresa nesta rede social de contactos.

Índice de contidos:
• Obxectivos das empresas en  Linkedin
• Exemplos de páxinas de empresa en  Linkedin
• Optimización da páxina empresarial ás 100%
• Estratexias de márketing
- Involucra aos teus empregados
- Utiliza contido de valor:  Slideshare
- Grupos: crea e participa 
-  Linkedin  Ads
- Crea o perfil noutros idiomas

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa. 
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse